O CEPRAL é un servizo de Certificación da Experiencia Profesional para Recoñecementos Académicos e Laborais que permite aos profesionais solicitar ao CPETIG un certificado da experiencia profesional nas áreas propias da enxeñaría técnica informática. Cun único documento os profesionais poden acreditar ante terceiros a súa experiencia profesional de maneira fidedigna, co respaldo dunha institución coma o CPETIG.
Mediante este convenio, os estudantes da UOC que conten cun certificado CEPRAL do CPETIG poderán convalidar esa experiencia por créditos para as titulacións de informática que cursen na universidade a distancia. A prestixiosa universidade catalá ofrece aos seus estudantes o Recoñecemento Académico da Experiencia Profesional (RAEP) en forma de créditos para a obtención dos seus títulos oficiais dende 2012.

Nos vindeiros meses o CPETIG agarda chegar a acordos similares coas tres universidades galegas, de xeito que se facilite aos profesionais que contan con este certificado a convalidación da súa experiencia por créditos.
Ademais deste beneficio académico, os certificados CEPRAL facilitan aos técnicos da enxeñería informática a acreditación dos seus coñecementos e capacidades ante as empresas, de cara a afrontar un proceso de selección, ofrecéndolles un sistema de medición obxectivo.
Para obter a certificación os profesionais teñen que enviar toda a documentación relativa á experiencia que queren acreditar para que esta sexa ponderada por un comité de expertos. Poden realizar a solicitude a través da web do sistema CEPRAL do CPETIG http://cpetig.cepral.net/