No día de hoxe, 28 de xullo, celebrouse a Asemblea Xeral ordinaria, na que se presentou o informe de xestión e a memoria anual do pasado exercicio, así coma a proposta de Orzamento para este ano en curso, elaborada pola Xunta de Goberno. Coma ven sendo habitual nestes últimos anos, a asemblea tivo lugar de xeito non presencial.
No trascurso da sesión presentáronse as contas do ano 2021, que foron aprobadas por unanimidade, así coma a proposta de orzamento para o ano 2022, que ascende a 56.100€, cunha previsión de superavit de 1.148 €.
A Asemblea Xeral, como órgano supremo de expresión da vontade do Colexio, está formada por todas as persoas colexiadas e debe reunirse, con carácter ordinario, unha vez ao ano, segundo establecen os Estatutos do CPETIG.