Destaca así mesmo entre outros puntos:
- o carácter de profesión regulada da Enxeñaría Técnica en Informática [punto III];
- a existencia de 9 Colexios Oficiais de ETI de ámbito autonómico [punto IV];
- a ampla implantación académica e profesional con 120000 alumnos titulados, 95000 estudantes (o 25% dos estudantes de enxeñaría), os 81 centros académicos universitarios e o seu peso no PIB español (2%) [punto II]
- a importancia da Informática e das Tecnoloxías da Información na Economía e na posta en marcha da Sociedade da Información [punto I]
Esta Proposición de Lei inicia o seu trámite no Congreso de cara o seu debate posterior no Congreso e a correspondente votación para a súa aprobación. Suliñar asi mesmo que nesta mesma data admitiuse a trámite a correspondente Proposición de Lei para a creación do Consello Xeral de Colexios Profesionais de Enxeñaría en Informática, dando un paso así para acadar o cumprimento da Lei que obriga a creación dos respectivos Consellos de Colexios. Proposición de Lei no Boletín Oficial das Cortes Nota de prensa en CONCITI