Por qué un colexio?

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia é unha corporación de dereito público, creado mediante a Lei 8/2006 do 1 de decembro aprobada polo Parlamento de Galicia.

O Colexio ten como función esencial o fomento e a promoción da profesión para que se recoñeza o seu relevante papel no desenvolvemento da Sociedade da Información. Ademais, vela polo cumprimento das normas deontolóxicas e defende os intereses da profesión para que a súa contribución ao progreso e ao benestar sexa valorada polo conxunto da sociedade.

Xunta de Goberno

A Xunta de Goberno é o órgano executivo e representativo do Colexio, elixida por votación entre as persoas colexiadas.

  • Presidencia: Marcos J. Mata Mansilla
  • Vicepresidencia: Isaac Castro Fuentes
  • Tesouraría: Anxos Cabado Lourés
  • Secretaría: Juan Luís Miguéns Ramos
  • Vogalía: Ana María Anta González
  • Vogalía: Alberto Rodríguez Calvo

Estatutos

Decreto 44/2015, de 19 de marzo, polo que se aproban os novos Estatutos do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia.