O Colexio preséntase á equipa decanal da Facultade de Informática da UDC

O Decano da FIC, Alberto Valderruten, e o Vicedecano de Relacións coa Industria, Manuel González Penedo, explicaron dende esta experiencia a visión sobre a profesión e explicaron así mesmo os diversos proxectos e actividades que se están a lanzar dende a FIC. A problemática que supón a implantación dos novos títulos de grao e programas oficiais de postgrado, a orientación e o nivel de especialización que estos deben ter e as atribucións profesionais que emanarán destes novos títulos ocuparon unha boa parte da xuntanza. A FIC e o CPETIG acordaron profundizar neste tema mediante a participación do Colexio no proceso de elaboración dos novos títulos de grado e postgrado. O equipo decanal da FIC e a Xunta de Goberno do CPETIG falaron así mesmo do papel que xoga a UDC como tractor do desenvolvemento da cidade, e por extensión de Galicia, a través do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e Comunicacións/Centro de Desenvolvemento de Software e o apoio a creación de empresas “spin-off” nunha das zonas galegas onde se concentra o maior número de “Software Factories”. Suliñouse así mesmo durante a xuntanza o papel que debe xogar o Colexio como axente divulgador da profesión entre os titulados e os todavía estudantes. Con este motivo o Colexio interesouse sobre diversos datos estatísticos relacionados cos títulos universitarios na FIC. Por outra banda o CPETIG comprometeuse a establecer no prazo máis curto posible unha oficiña na cidade de A Coruña que sirva de antena para captar as necesidades da profesión, dos seus profesionais e do sector TIC. Ámbalas entidades acordaron profundizar sobre estos e outras temas a través de próximas reunións e acordos de colaboración.