O acto permitíu unha vez máis que os colexios do ámbito das enxeñarías informáticas de Galicia trasladasen ós novos estudantes da ESEI o papel dos Colexios Profesionais, a situación da profesión, e en particular o escenario actual ó que se enfrenta coa futura Lei de Servizos e Colexios Profesionais e outras iniciativas lexislativas en marcha.
Dende o CPETIG agradecemos especialmente á ESEI a súa invitación a participar nestes actos de acollida.