· As actividades realizaranse entre o 19 de setembro e o 24 e outubro en aulas da Rede CeMIT de 4 concellos de Galicia e no Centro GaiásTech
· Está liderada polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, dentro do convenio firmado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2025.- O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, dentro do convenio firmado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia continúa este mes cunha nova edición das Xornadas sobre Control Parental nas que se informa sobre os riscos dun mal uso da tecnoloxía.
Asemade nos encontros tamén se achegan ás familias ferramentas e dinámicas para un mellor entendemento e achegamento ao uso das TIC por parte da rapazada.
O ciclo leva por título “Tecnoloxía, infancia e mocidade: ferramentas para familias” e celebraranse durante os meses de setembro e outubro, con charlas formativas presenciais de 2 horas de duración en aulas CeMIT de catro concellos galegos. O primeiro encontro terá lugar o vindeiro venres 19 de setembro na aula CeMIT de Moaña e continuará en Riotorto, Celanova e San Sadurniño. Adicionalmente, o día 10 de outubro, tamén se celebrará unha xornada no Centro GaiásTech da Cidade da Cultura.
Múltiples perspectivas
Dende o Cpetig se incide na necesidade de abordar este tema dende varias perspectivas como son a información, a responsabilidade e exemplo, a prevención e control e a creatividade.
Nas diferentes sesión, se explica aos participantes que é fundamental o establecemento de horarios no uso da tecnoloxía, así como marcar límites e tempos para a desconexión dixital. Tamén se incide na necesidade de establecer vías de comunicación entre as familias e a rapazada e, sobre todo, se insiste na necesidade de estar presentes.
A exposición das ferramentas e aplicacións para un bo uso das TIC cun enfoque creativo e para o control parental, tamén se tratan nestas sesións que pretenden crear pontes entre xeracións.
As sesións de control parental continúan este mes de setembro e rematan o 24 de outubro. O día 10 de outubro terá lugar a sesión adicional no Gaiás Tech.
Contidos das xornadas
Para fomentar unha boa educación dixital entre a cidadanía, durante as xornadas formativas abordarase esta temática dende varias perspectivas: riscos dun mal uso da tecnoloxía, bases dunha boa educación dixital (establecemento de horarios, límites, tempos para a desconexión dixital e comunicación e presenza), prevención e control a través do emprego de ferramentas e aplicacións para o control parental, máis aló de Family Link, e ofreceranse recomendacións e boas prácticas para unha boa educación dixital na casa.
Inscrición e calendario de actividades
O prazo de inscrición está aberto e pode realizarse a través de portal da rede CeMIT. As datas e aulas das xornadas son as seguintes:
| Lugar | Data e horario | Inscrición |
| Aula CeMIT de Moaña | 19/09/2025 17:00 a 19:00 | https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/51390 |
| Aula CeMIT de Riotorto | 03/10/2025 17:00 a 19:00 | https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/51380 |
| Centro Gaiás Tech – Cidade da Cultura Santiago de Compostela | 10/10/2025 17:00 a 19:00 | Control Parental – Tecnoloxía, infancia e mocidade: ferramentas para familias | Gaiástech |
| Aula CeMIT de Celanova | 17/10/2025 17:00 a 19:00 | https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/51645 |
| Aula CeMIT de San Sadurniño | 24/10/2025 17:00 a 19:00 |
