Máis mulleres informáticas” unha campaña do CPETIG e AMTEGA para fomentar as vocacións femininas na carreira

 

CPETIG vai desenvolver durante a segunda quincena deste mes de outubro unha campaña de sensibilización para incentivar a matriculación feminina en titulacións asociadas á Enxeñaría Técnica en Informática, tendo en conta que a presenza de alumnas nestes estudos caeu na última década arredor dun 50% nas universidades galegas.

A campaña, realizada coa colaboración da AMTEGA no marco do seu Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia, DigiTalent, ten como obxectivo concienciar e incentivar la matriculación feminina nesta carreira, considerando que a elección profesional debe realizarse en liberdade, por vocación e superando determinados clixés que pesan sobre a Informática. Aí é onde radica o compromiso do CPETIG con esta causa, que mediante esta iniciativa quere visibilizar as capacidades das mulleres para os estudos de Informática e contribuir a transmitir a súa verdadeira dimensión, superando a opinión demasiado simplista e extendida que as veces pesa sobre a profesión.

Para iso, a idea creativa trata de construir unha historia de motivación a través de actitudes e roles relacionados co papel atribuido históricamente á muller e establecendo a partir de aí vínculos con roles técnicos e ligados coa tecnoloxía. É decir, trátase de utilizar como punto de partida as características emocionais e roles tradicionalmente femininos e, desde eles, facer unha transición natural cara a tarefas e responsabilidades propias do exercicio da enxeñaría informática. 

peza principal da campaña é un vídeo de 40”, que se completa con dúas colas de 20”, pensado para darlle a volta a vellos estereotipos que privan á sociedade de moito talento feminino. O vídeo pecha co claim “Máis mulleres informáticas, programadas para que nada nos pare”.

Contexto

A evolución do acceso das mulleres ao Grao en Enxeñaría Informática presenta en Galicia unha acusada tendencia á baixa, que contrasta co escenario de crecente feminización da matrícula nas tres universidades.  A baixada de alumnas nas aulas de Informática nos últimos anos ronda o 50%, con moi leves oscilacións entre as tres universidades. Mentres na década pasada a presenza de mulleres en Informática rondaba case o 30% nas universidades galegas, agora non chega ao 15%.

As mulleres infravaloran as súas capacidades en tecnoloxía

Esta tendencia decrecente é común á maioría dos países europeos e, en parte, pode deberse ao modelo estereotipado e pouco real que divulgan series e programas de televisión que distorsionan a verdadeira dimensión profesional. Pero tamén inflúe o feito de que as mozas infravaloran as súas capacidades en tecnoloxía e matemáticas, a pesar de obter de forma xeralizada mellores notas nestas materias que os seus colegas varóns.

Escolas e facultades onde se imparte o Grao en Enxeñaría Informática en Galicia:

Na Universidade de Santiago, http://www.usc.es/etse/

Na Universidade da Coruña, https://www.fic.udc.es/

Na Universidade de Vigo, campus de Ourense, http://esei.uvigo.es/