Marcos Mata reelexido presidente do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñaría Técnica en Informática de España (CONCITI)

O Consello encárgase, entre outros temas, de coordinar e representar de forma conxunta aos colexiados de todo o país, protexe os seus intereses e a ordenación do exercicio da profesión.

 

Perfil: Nacido en Santiago en 1977, Mata é enxeñeiro técnico pola Facultade de Informática da Coruña. A súa andaina profesional comezou como analista programador e no 2006, entrou á consultora galega Coremain como responsable de Proxectos, dentro da área de Tecnoloxías da Información, posto que segue desenvolvendo na actualidade. No ano 2009 foi designado vogal da Xunta de Goberno do Colexio e en xaneiro do ano seguinte foi elixido presidente da devandita institución.