Marcos Mata e Mar Pereira inauguran IURISTICGAL17

Máis dun cento de profesionais procedentes maioritariamente dos ámbitos da xustiza e da informática participaron en #IURISTICGAL17, a VII Xornada de Informática Xudicial, organizada polo Colexio de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, CPETIG, e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Amtega, que tivo lugar hoxe na Cidade da Cultura.

foto_familia

No acto de inauguración, presidido pola directora da Amtega, Mar Pereira, o presidente do CPETIG, Marcos Mata, urxíu a regulación da profesión e corrixir a actual situación de exclusión que sufre, derivada do Real Decreto 1837/2008, que deixa fóra as Enxeñarías en Informática das profesións reguladas.
Pola súa banda, a directora da Amtega puxo de relevo na súa intervención a “esencial hibridación do mundo xurídico e tecnolóxico” e advertíu dos retos importantes que se abren que requiren cambios lexislativos e conlevan a demanda de novos perfís profesionais.
A xornada reuniu a un panel de relatores expertos do ámbito da avogacía, a enxeñaría informática e as forzas de seguridade do Estado, que achegaron unha visión integral da ciberseguridade e da revolución que supón a intelixencia artificial na aplicación da lei. Durante a sesión, cobraron protagonismo temas como a condución autónoma ou as fábricas plenamente automatizadas, avances que representan un escenario que é percibido pola sociedade, á vez, como oportunidade e como ameaza, especialmente pola inevitable destrución de postos de traballo que serán copados progresivamente por robots intelixentes.
O primeiro relatorio, presentado por Alejandro Sánchez del Campo Redonet, regulatory counsel en Telefónica Digital, abordou a aplicación da intelixencia artificial á interpretación da lei, mediante a figura do xuíz robot. Tal e como puxo de relevo o relator, en países como EEUU ou Reino Unido, a intelixencia artificial xa predice e anticipa o resultado dos xuízos, cun 80% de fiabilidade e xa é posible predecir reincidencias na comisión de delitos. Ante as inevitables dubidas que suscita confiar asuntos tan sensibles á intelixencia artificial, Sánchez del Campo apela como solución a unha fórmula mixta que complemente o labor do xuíz con sistemas de intelixencia artificial, o que reduciría moi notablemente os prazos da xustiza. Na súa opinión, as máquinas nunca poderán sustituir a creatividade nin a empatía do ser humano, pero sí resolver tarefas automatizadas, de análise e documentación, cos criterios para os que fosen programadas.
Ofelia Tejerina, avogada da Asociación de Internautas e membro do Grupo de Traballo sobre Dereitos Dixitais da Secretaría de Estado para a Sociedade da Información e a Axenda Dixital, interveu cun relatorio sobre privacidade e dereitos fundamentais. A ciberseguridade e a peritaxe informática centraron o terceiro dos relatorios, ofrecido por Pilar Vila, perita informática en Forensic &Security, seguido dunha mesa redonda sobre Privacidade e xustiza ante un mundo plenamente dixital, moderada por Víctor Salgado, avogado TIC e director técnico da xornada.
A sesión rematou coas intervencións de Juan Antonio Frago, fiscal do Grupo de Delitos Económicos en A Coruña, titulada e-Xustiza, mito ou realidade?, e de Manuel Guerra, analista forense na Sección Técnica da Unidade Central de Investigación Tecnolóxica, UIT, da Policía Nacional, sobre A ciberdelincuencia desde o outro punto de vista.