Durante o encontro realizáronse dúas xuntanzas paralelas nas que CCII e CONCITI trataron temas propios de cada organización para posteriormente realizar unha xuntanza única e histórica entre as dúas Xestoras na que se trataron os temas que afectan a todo o colectivo.
Na xuntanza do comité CONCITI participaron os Colexios de Asturias, Canarias, Cataluña estando representados tamén Galicia e Illas Baleares. Os Colexios de Andalucía, Castela A Mancha e Comunidade Valenciana (non adheridos ou en fase de adhesión a CONCITI) incorporáronse nunha segunda fase desta reunión
Na reunión de CONCITI tratáronse entre outros os seguintes temas:
- Estudo da situación actual da profesión e dos títulos.
- Presentación do Plan estratexico do CONCITI, onde entre outros temas abordouse a necesidade de reestructuración dos distintos axentes involucrados na defensa da profesión e cómo mellorar a comunicación e toma de decisións entre os mesmos, así como a difusión da información entre todos os interesados tanto organismos como particulares.
- Ingreso de novos Colexios a CONCITI
- Movilizacións en Defensa da Profesión: Destacouse a dificultade de coordinar accións coincidentes en tempo e en todo o territorio nacional. Así entre outras conclusións os Colexios decidiron que apoiarán calqueira tipo de movilización con independencia do grado de involucración nas mismas que dependerá en último término das capacidades e idiosincracias de cada territorio.
De xeito paralelo tivo lugar a xuntanza do CCII pna que articiparon os Colexios de Andalucía, Asturias, Castela e León, Castela a Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Euskadi, Extremadura, Galicia e Murcia. Nesta reunión os Colexios de EI sintetizaron a situación actual que se podería resumir, entre outros puntos, en:
- O Goberno non nos ten en conta, dilúe a nosa problemática na problemática xeral de Bolonia, non hai voluntad política de cambio
- Se incrementará á presión ó Goberno mediante un Plan de Acción. Se reforzarán as liñas de cooperación e traballo conxunto CCII-CONCITI-CODDI-RITSI.
- É preciso reforzar a comunicación cos colexiados e profesionais. Estase logrando un avance en moitos frentes: mediático, político, social,… pero hai que afondar nestos avances.
- (…)
Finalmente, tivo lugar a xuntanza de ambos comités na que os ETIs propuxeron accións conxuntas como o envío de queixas ao defensor do pobo español e europeo, contestación ás respostas ante o defensor do pobo, a creación dun soporte centralizado de novas, a determinación de datas de movilizacións mediante consulta popular ao colectivo e a axilización da transmisión da información.
A xornada rematou cun almorzo ao que se uniu o presidente de RITSI que presentou a postura dos estudantes e formulou futuras movilización que deberán ser coordinadas entre todos tal como se tiña acordado xuntanzas previas. Máis información en CONCITI