III Xornadas de Informática Xudicial

 

Este ano, o tema central será a ciberseguridade e os sistemas forenses de intrusión: de especial relevancia polo seu impacto social e directamente relacionado coa temática xeral destas Xornadas, pero que ademais revisaremos dende a perspectiva dos dereitos dos cidadáns e do traballo das entidades encargadas da persecución destes delitos. Algo que de seguro xerará un intenso debate na nosa mesa redonda. Por primeira vez, contaremos coa presenza dun órgano europeo, grazas á participación de D. Manuel Alvarez Sobredo, responsable de implantación do Centro Europeo contra o Cibercrime (EC3), entidade integrada en Europol e que centraliza a loita contra o cibercrime na Unión Europea.

A información completa das xornadas, así coma o formulario de inscripción xa está dispoñible no microsite do evento: http://xornadaxudicial2013.cpetig.org/