O CPETIG concibe esta formación no contexto da familia por considerar decisiva a implicación dos pais e as nais neste ámbito, como apoio e motivación para que os seus fillos se sintan atraídos cara á programación informática, de xeito que esta actividade non sexa unha excepción, senón o principio dun labor a seguir no fogar.
Durante a xornada do 27 de maio levarase a cabo, de xeito paralelo, unha acción formativa en Scratch destinada a persoas adultas, interesadas en adquirir métodos para impartir formación en programación para escolares.
Requirimentos
A sesión estará dedicada á programación de robots, sendo preciso que os asistentes estean familiarizados coa contorna de Scratch e leven o seu portátil, xa que non serven tablets ou smartphones.
A formación do Scratch Day será impartida por Código Octopus, unha plataforma de recursos en galego ao servizo do profesorado que desexe introducirse na programación para a docencia.