II Xornadas de Informática Xudicial e Delitos Informáticos

Dentro das actividades enmarcadas no convenio asinado coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, o CPETIG anuncia a celebración das “II Xornadas de Informática Xudicial e Delitos Informáticos”.

As xornadas celebraranse os días 11 e 12 de novembro en Santiago de Compostela.

Obxectivos

Estas Xornadas parten do éxito previo da pioneira I Xornada celebrada o 5 de xuño do 2010 en A Toxa. Teñen como obxectivo:

  • Sensibilizar sobre a importancia crecente das novas tecnoloxías nos procesos xudiciais e na investigación de delitos.
  • Entender mellor a Xustiza Dixital que nos ven e axudar a superar a existente brecha dixital nos profesionales do Dereito.
  • Difundir o uso das novas tecnoloxías na Xustiza, tanto dende un punto de vista instrumental como sustantivo no proceso.
  • Informar aos funcionarios e profesionais da Xustiza dos avances en materia probatoria no caso de delitos informáticos.
  • Sensibilizar sobre a axuda que poden prestar os peritos informáticos nas causas xudiciais e que se pode probar e que non.

Programa:

Venres 11 de novembro

  • 17:00 Recepción e entrega de material.
  • 17:15 Presentación. Contarase coa presenza do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda e da secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira
  • 17:30 1º Relatorio – “Cara unha xustiza dixital” – Joaquín Delgado Martín (Maxistrado e Director do Servizo de Modernización e Organización Xudicial do Consello Xeral do Poder Xudicial)
  • 18:15 2º Relatorio – “Técnicos e xuristas que dialogan: Os esforzos de estandarización sobre a proba electrónica” – Paloma Llaneza (Avogado, CISA, Socio Director de Razona Legaltech e Presidenta de AEDEL)
  • 19:00 Mesa Redonda. “¿Estamos preparados para dar seguridade xurídica a un mundo xa dixital?”
    • Moderador: Francisco Javier Sanz Larruga (Catedrático de Dereito Administrativo da UDC)
  • Cóctel de confraternidade.

Sábado 12 de novembro

  • 9:30 3º Relatorio – “Valor probatorio das evidencias dixitais no procedemento xudicial” – Eloy Velasco Núñez (Maxistrado-Xuíz Instructor da Audiencia Nacional)
  • 10:15 4º Relatorio – “O profesional ante as TIC na xustiza” – Rodolfo Tesone Mendizábal (Presidente SDTIC Colexio de Avogados de Barcelona)
  • 11:00 Café
  • 11:30 5º Relatorio – “O labor da fiscalía ante a nova delincuencia informática” – Dna. Elvira Tejada de la Fuente (Fiscal Xeral en Criminalidade Informática)
  • 12:15 6º Relatorio – “Pericial informática forense: aseguramento e análise das evidencias dixitais” – Jorge Martín García (Inspector Xefe do grupo de Análise de Software da sección de Informática Forense da Policía Nacional)
  • 13:00 Mesa Redonda: “Retos da xustiza ante a nova realidade informática “
    • Moderador: José Antonio Varela Agrelo (Presidente da Audiencia Provincial de Lugo)
  • Despedida e peche

Axenda

Venres 11 e sábado 12 de novembro de 2011

Lugar

Hotel AC Palacio del Carmen (Santiago de Compostela). Mais información do hotel

Inscrición

Acceso ao formulario de inscrición.

Prezos

O prezo da matrícula é de 60 €A matrícula inclúe o cóctel do venres día 11, material para as xornadas e diploma de asistencia.