Dentro das actividades enmarcadas no convenio asinado coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, o CPETIG anuncia a celebración das “I Xornadas de Informática Xudicial e Delitos Informáticos”. A xornada celebrarase o vindeiro 5 de xuño no Talaso Hotel Louxo de A Toxa (Pontevedra)
Obxectivos
- Informar aos xuíces e maxistrados dos avances en materia probatoria no caso de delitos informáticos.
- Sensibilizar sobre a axuda que poden prestar os peritos informáticos nas causas xudiciais e que se pode probar e que non.
Programa
- Presentación: 10 h.
- 1º relatorio – “O Dereito ante as novas tecnoloxías” – Prof. Dr. Miguel Ángel Davara Rodríguez (Presidente e fundador da firma madrileña de asesores xurídicos Davara & Davara, especialistas en Dereito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións)
- 2º Relatorio – “A investigación de delitos por internet e outras novas tecnoloxías” – Dr. Eloy Velasco Núñez (Maxistrado-Xuíz Instructor da Audiencia Nacional)
- Pausa – café
- 3º Relatorio – “O inevitable da proba electrónica nos procedementos xudiciais do século XXI” – Paloma Llaneza(Avogado, CISA, Socio Director de Razona Legaltech e Presidenta de AEDEL)
- 4º Relatorio – “Práctica Forense: aseguramento, cadea de custodia e análise das evidencias informáticas” – Juan Salom Clotet (Xefe do Grupo de Delitos Telemáticos da Garda Civil)
- Mesa Redonda: “Cara á dixitalización da práctica forense. Desafíos e retos da proba electrónica na Xustiza do século XXI. “
- Moderador: D. Juan Bautista Quintás Rodríguez (Maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia)
- Intervenientes:
- D. Luis María Uriarte (Fiscal especialista en criminalidade informática da provincia de Pontevedra)
- Prof. Dr. Francisco Javier Sanz Larruga (Profesor Titular da UDC especializado en Administración Electrónica)
- D. Miguel Abal González (Perito Informático Experto do CPETIG)
- Prof. Dr. Miguel Ángel Davara Rodríguez.
- Dr. Eloy Velasco Núñez .
- Dna. Paloma Llaneza Razona.
- Cmte. D. Juan Salom Clotet
- Despedida e peche
- Xantar: 14:00 h.
Axenda
- Sábado 5 de xuño de 2010
Lugar
- Talaso Hotel Louxo La Toja, A Toxa (Pontevedra). Mais información do hotel
Inscrición
Para inscribirse nesta xornada deberá cumprimentar unha inscripción que lle dará dereito á súa matriculación definitiva unha vez aboado o importe da matricula. Oprazo de inscrición é do 04 de maio ao 2 de xuño as 14:00 horas. O formulario para inscribirse nos cursos e que deberá ser remitido por e-mail a xornadaxudicial@cpetig.org co asunto INSCRICIÓN XORNADA XUDICIAL ou por fax ao 981 937 831.
Prezos
O prezo da matrícula é de 75 €. A matrícula inclúe o xantar no Talaso Hotel Louxo.