GUÍA COMPLETA DE DATAS E LUGARES DOS OBRADOIROS GIRL STEAM

Un total de 15 concellos acollen os obradoiros do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia – CPETIG, que se desenvolve para fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre a rapazada, unha das actividades destacadas dentro do convenio de colaboración coa Axencia pola Modernización Tecnolóxica de Galicia – Amtega. A rede de Aulas CeMIT de Galicia son as sedes destes obradoiros, dirixidos a nenas e nenos de 8 a 15 anos, divididos en 2 grupos por idades e con temáticas diferentes: Os máis pequenos constrúen unha historia audiovisual coa técnica do stop-motion, mentres os máis maiores empregan tecidos intelixentes con sensórica para obter unha prenda téxtil que reacciona a cambios externos.

O programa que por vez primeira é impulsado polo CPETIG, céntrase nas áreas STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas) engadindo as Artes para conformar o concepto “STEAM”.  Os obradoiros arrancaron o pasado 4 de xullo en San Sadurniño e rematarán en setembro no GaiásTech da Amtega, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

 

Estes son os lugares e as datas completas do programa #GirlSteam 2023:

 

San Sadurniño

4 de xullo – de 8 a 11 anos

5 de xullo – de 12 a 15 anos

Betanzos           

12 de xullo – de 8 a 11 anos

13 de xullo – de 12 a 15 anos

Ribeira

14 de xullo – de 8 a 11 e de 12 a 15 anos

19 de xullo – de 8 a 11 e de 12 a 15 anos

Ortigueira

17 de xullo – de 8 a 11 anos

18 de xullo – de 12 a 15 anos

A Estrada

20 de xullo – de 8 a 11 anos

21 de xullo – de 12 a 15 anos

Oroso

26 de xullo – de 8 a 11 anos

27 de xullo – de 12 a 15 anos

Celanova

3 de agosto – de 8 a 11 anos

4 de agosto – de 12 a 15 anos

Cuntis  

7 de agosto – de 8 a 11 anos

8 de agosto – de 12 a 15 anos

Guitiriz               

11 de agosto – de 8 a 11 anos

18 de agosto – de 12 a 15 anos

Santa Comba   

16 de agosto – de 8 a 11 anos

30 de agosto – de 12 a 15 anos

Valga

17 de agosto – de 8 a 11 anos

25 de agosto – de 12 a 15 anos

Barreiros

21 de agosto – de 8 a 11 anos

22 de agosto – de 12 a 15 anos

Ribadeo

23 de agosto – de 8 a 11 anos

24 de agosto – de 12 a 15 anos

Vigo

28 de agosto – de 8 a 11 anos

29 de agosto – de 12 a 15 anos

Gaiás Tech (Santiago)                                                                         

7 de setembro – de 8 a 11 anos

8 de setembro – de 12 a 15 anos