- A actividade gratuíta, destinada a rapaces e rapazas de 9 a 16 anos, busca fomentar un uso creativo e crítico da tecnoloxía..
- As sesións desenvolveranse nas aulas CeMIT de ambos os dous concellos en horario de mañán.
Santiago de Compostela, 05 de xullo de 2026.- Mañá, as localidades da Fonsagrada e A Cañiza acollerán unha nova xornada dos obradoiros Girl Steam, unha iniciativa organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a rede de aulas CeMIT.
Baixo o título “Casa Domótica Accesible”, o obradoiro propón un reto tan actual como divertido: ¡Imos deseñar unha casa sostible e eficiente! A través desta actividade práctica, a rapazada aprenderá a aplicar a tecnoloxía para crear espazos máis intelixentes, respectuosos co medio ambiente e accesibles para todas as persoas.
O principal obxectivo do programa Girl Steam é romper fendas de xénero e espertar vocacións tecnolóxicas temperás, promovendo un uso consciente, crítico e puramente creativo das ferramentas dixitais entre a mocidade galega.
Aprender tecnoloxía desde a creatividade e a colaboración
Os obradoiros combinan actividades prácticas de robótica, creación audiovisual e programación creativa, fomentando valores e competencias clave para o desenvolvemento persoal e profesional da mocidade.
Este ano traballase co kit de placas Arduino e empregarase Mblock como contorna de programación.
