Galicia, por unha informática digna

image.pngOs convocantes convocan a todos os estudantes e profesionais a manifestarse reclamando a regulación e recoñecemento da profesión, a esixencia de fichas de títulos universitarios de enxeñaría en informática en igualdade de condicións que o resto das enxeñarías e a creación dun corpo de informática na Administración Galega, entre outras demandas. O CPETIG apoia as demandas polo recoñecemento da profesión promovidas por calquer axente sempre que se desenvolvan de forma cívica e con respeto á legalidade vixente. Máis información na páxina web da plataforma www.huelgainformatica.es