Obxectivo
O obxectivo desta formación e iniciar aos colexiados na certificación do Servizo Colexial de Certificación da Experiencia Profesional para Recoñecementos Académicos e Laborais (CEPRAL), aportando os coñecementos sobre o significado da certificación e o proceso para obter o certificado. Esta formación impártese de xeito gratuíto e é exclusiva para colexiados.
Os asistentes a este curso poderán solicitar formar parte do Comité CEPRAL do CPETIG como valoradores, para o que, tras un proceso de selección en función da súa experiencia profesional, recibirán un curso práctico, que será impartido a principios do ano 2015. Este curso práctico será totalmente online e tamén gratuíto.
Aqueles que superen a formación teórica e práctica poderán participar na validación de solicitudes de certificados CEPRAL, para o que asinarán un contrato mercantil co Colexio.
Axenda
Formación teórica: 29 de novembro de 2014. De 12.00 a 13.00 horas
Lugar
Gran Hotel Los Abetos, San Lázaro s/n, 15820 Santiago de Compostela
Inscrición
Debe identificarse na web antes de inscribirse no curso.
O número de prazas dispoñibles é de 50. O prazo de inscrición remata o vindeiro 28 de novembro de 2014. A asignación de prazas será por orde de inscrición.
A non asistencia ao curso, sen renuncia previa, nin causa documentalmente xustificada, implicará que non sexa admitido en ningunha outra actividade do CPETIG durante un ano.