Éxito do IV ScratchDay: superando estereotipos de xénero sobre programación

Aprendizaxe e entretemento confluiron esta mañá a partes iguais na IV edición do Scratch Day, celebrada na Cidade da Cultura; unha iniciativa do CPETIG e a Amtega que incrementa cada ano a participación de escolares. Hoxe, unha trintena de rapazas e rapaces, acompañados polas súas familias, déronse cita nesta nova edición, centrada na programación de videoxogos de naves espaciais

A formación do IV Scratch Day foi impartida pola Asociación Programamos, dedicada a promover o desenvolvemento do pensamento computacional en todas as etapas escolares, a través da programación de videoxogos e aplicacións para móbiles. Deste xeito, a sesión servíu para difundir os valores da programación informática entre os nenos e os seus pais, facilitando o acceso ao mundo da programación de forma lúdica e divertida. Pero amais, cumpríu o obxectivo de axudar a eliminar mitos en relación á programación informática e a superar desde a infancia os estereotipos de xénero sobre este área do coñecemento, difundindo as posibilidades que ofrecen as TIC e reducindo a fenda dixital de xénero.

O CPETIG organiza esta formación no contexto da familia por considerar decisiva a implicación dos pais e as nais, como apoio e motivación para que os seus fillos se sintan atraídos cara á programación informática, de xeito que esta actividade non sexa unha excepción, senón o principio dun labor a seguir no fogar.