A xornada de peche será o vindeiro día 10 de outubro no Salón de Convencións do edificio CINC da Cidade da Cultura á que xa te podes apuntar a través de https://xi-scratchday-cpetig.eventbrite.es ou http://scratchday.cpetig.gal
Santiago de Compostela, 14 de setembro 2026.- O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia subliñan a excelente acollida que o inicio do programa Scratch Day tivo nos concellos de Guitiriz e Tui, onde se desenvolveu a fin de semana pasada.
A iniciativa, que cumpre once anos contribuíndo a derrubar mitos sobre a programación informática, busca espertar e fomentar vocacións no ámbito STEAM dende idades temperás.
O programa, dirixido a rapazada de entre 7 e 15, continuará desenvolvéndose nos meses de setembro e outubro, con xornadas formativas en aulas CeMIT de dous concellos galegos máis: Fisterra e Leiro.
A xornada final do programa terá lugar o 10 de outubro, e celebrarase no Salón de Convencións do edificio CINC da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.
