· Hoxe, día 17 de outubro coa a sesión adicional final sobre Control Parental no Gaiás Tech
· O día 19 de outubro xornada final do programa Scratch Day tamén no Gaiás Tech
Santiago, 17 de outubro do 2024.- O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, dentro do convenio firmado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pon fin hoxe as sesións sobre Control Parental, nas que se informou sobre os riscos dun mal uso da tecnoloxía, e ao programa Scratch Day o día 19 de outubro tamén na Cidade da Cultura.
Canto ao Control Parental, nos encontros achegáronse ás familias ferramentas e dinámicas para un mellor entendemento e achegamento ao uso das TIC por parte da rapazada en diferentes sesións celebradas nas aulas CeMIT dos Concellos de Cuntis, Guitiriz, Vimianzo e Leiro, que se completan coa sesión adicional no Gaiás Tech do xoves 17 de outubro.
Dende o Cpetig se incide na necesidade de abordar este tema dende varias perspectivas como son a información, a responsabilidade e exemplo, a prevención e control e a creatividade.
Nas diferentes sesións, se explicou aos participantes que é fundamental o establecemento de horarios no uso da tecnoloxía, así como marcar límites e tempos para a desconexión dixital. Tamén se incidiu na necesidade de establecer vías de comunicación entre as familias e a rapazada e, sobre todo, se insistiu na necesidade de estar presentes.
A exposición das ferramentas e aplicacións para un bo uso das TIC cun enfoque creativo e para o control parental, tamén se trataron nestas sesións que pretenden crear pontes entre xeracións.
As sesións de control parental rematan o xoves 17 de outubro coa sesión adicional no Gaiás Tech.
Programa Scratch Day na súa IX edición.
Se pecha tamén esta semana, neste caso o sábado, día 19, o Programa Scratch Day. A iniciativa buscou derrubar mitos en torno á programación informática e espertar e fomentar vocacións no ámbito STEAM dende idade temperás.
Estivo dirixido á rapazada de entre 7 e 15 anos e desenvolveuse entre os meses de setembro e outubro con catro xornadas formativas nas aulas CeMIT de Guitiriz, Tomiño, Celanova e Fisterra.
O ciclo remata o 19 de outubro cunha xornada final na Cidade da Cultura, na que tamén terá lugar unha acción formativa específica para profesorado e formadores de centros de ensino.
O obxectivo deste encontro é mostrarlles aos docentes as vantaxes de traballar e ensinar a través deste tipo de tecnoloxía, coa que poden incentivar a creatividade, o emprendemento e a capacidade de resolución de problemas.
Nesta edición os participantes nas xornadas realizaron tres videoxogos relacionados con deportes presentes nos Xogos Olímpicos. Nunha primeira fase, fixeron unha introdución aos videoxogos con Scratch e a continuación os asistentes elaboraron videoxogos relacionados con deportes olímpicos cos que poder participar nunha competición.