A escola estrutúrase nunha serie de conferencias e talleres nas que se afondará sobre os diferentes aspectos do Modelado Específico de Dominios (DSM). O DSM é unha aproximación que facilita a reutilización e a redución do tempo de desenvolvemento de proxectos vinculados a dominios específicos, razóns pola que está a atraer grande interese tanto da industria coma da academia. Os dominios de aplicación abranguen: Sistemas Interactivos, Sistemas de Tempo Real, Web 2.0, Arquitectura de Negocio, Xogos, Automatización Industrial, Co-Deseño Hardware Software, Mecatrónica, Modelado de Negocio, Requirimentos de Enxeñaría ou mesmo Deseño de Procesos.
Ao longo dos cinco días de duración da Escola, un b o número de expertos internacionais en DSL presentarán en Santiago tanto as liñas coma as súas principais aplicacións. Entre os relatores encóntranse personalidades tan destacadas como Didier Buchs, da Universidade de Xenebra, Ethan Jackson de Microsoft Research, Eugener Syriani de la Universidad de Alabama, Vasco Amaral, Miguel Gouläo, Bruno Barroca e Mauricio Alférez da Universidade Nova de Lisboa, Paulo Carreira de la Universidad Técnica de Lisboa, etc. Ademais, a escola contará cunha sesión especial dirixida a aplicacións industriais.
A inscrición para o curso xa está aberta e podedes encontrar información sobre esta en sección “registration” da páxina web do curso (www.dsm-tp.org), onde tamén está dispoñible o programa detallado e outra información relevante.