A VI XORNADA DE INFORMÁTICA XUDICIAL, O 28 DE SETEMBRO

 

O obxectivo da sesión é contribuir a dotar de maior seguridade xurídica á nova realidade tecnolóxica, nun entorno de crecentes riscos, e mellorar a efectividade e a eficiencia da administración xudicial, mediante o uso das novas ferramentas electrónicas e forenses avanzadas.

Esta xornada, dirixida a xuíces, maxistrados, secretarios xudiciais, fiscais, avogados e xuristas en xeral, enmárcase no compromiso do Cpetig de ofrecer formación para que o colectivo de profesionais da xustiza coñeza mellor a esixente nova realidade tecnolóxica. Neste contexto, a sesión do 28 de setembro ten o propósito de informar e concienciar a estes profesionais dos avances en materia probatoria nos casos nos que interveña o factor informático no proceso. Asemade, tamén se porán en valor os importantes beneficios da incorporación e uso das novas tecnoloxías no propio proceso xudicial, así como a axuda que poden prestar os peritos informáticos nas causas xudiciais e as claves de valoración da proba informática.

PROGAMA

SESIÓN DE MAÑÁ

9.00 h – Recepción e entrega de material

9.30 h. – Presentación

10.00 h. – 1º Relatorio. «Quo vadis privacidade? Claves do novo Regulamento (UE) 2016/679 Xeral de Protección de Datos» por Samule Parra, avogado TIC, autor do mellor blog en protección de datos de 2012, premiado pola AEPD.

10.50 h. – 2º Relatorio. «Política europea para a seguridade na Sociedade da Información» por Francisco García Morán, conselleiro xefe TIC da Comisión Europea.

11.40 h. – Descanso – café.

12.10 h. – 3º Relatorio. «As TIC na Administración de Xustiza: Misión no-imposible» por Iñaki Vicuña de Nicolás, director de CENDOJ e ex director da Axencia de Protección de Datos do País Vasco.

13.00 h. – Mesa Redonda. «Privacidade, seguridade e e-xustiza. É posible o seu equilibrio no século XXI?» Moderador: Víctor Salgado, avogado TIC, @abonauta.

14.00 h. – Comida. SESIÓN DE TARDE

16.00 h. – 4º Relatorio. «A ciberseguridade ante as ameazas informáticas e a deepweb» por David Barroso, experto en Seguridade TIC, CEO de CounterCraft.

16.50 h. – 5º Relatorio. «Investigación de ciberdelitos nun mundo dixital» por Silvia Barrera, inspectora da UIT, Policía Nacional.

17.40 h. – Mesa Redonda. «Os medios de proba dixitais: area entre os dedos?» Moderador-relator: Eloy Velasco, maxistrado da Audiencia Nacional.

19:30 h. – Clausura

Máis información na web da Xornada