Taller de emprendemento TIC

Dentro das actividades enmarcadas no convenio asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica e o Centro Demostrador TIC de Galicia o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica Informática de Galicia  organiza un taller práctico de emprendemento.

 

O obxectivo desta actuación é o de formar e adestrar a aqueles profesionais que desexan realizar actividades por conta propia, no proceso de decisión da forma xurídica da súa empresa e en todos aqueles trámites, xestións e actuación que terán que afrontar para o cumprimento das esixencias mercantís, fiscais, laborais, de protección de datos e de ordenamento municipal, incluídos os aspectos de financiamento básicos. O taller está aberto a todos os profesionais interesados na temática. No actual contexto de crise económica é máis que nunca conveniente fomentar a innovación e as actividades emprendedoras, procurando que os trámites que leva asociado o inicio dunha actividade non sexan un impedimento ou lastre.

O curso permitirá aos asistentes coñecer, familiarizarse e saber realizar os trámites, xestións e actuacións que o profesional deberá abordar para o inicio e posta en marcha da súa actividade económica. Estimar os desembolsos económicos necesarios para o inicio e posta en marcha da actividade: identificar as necesidades de financiamento e poder cubrilas coa obtención de recursos existentes no mercado.

A xornada se completará cunha explicación dos apoios ao emprendemento que proporciona o Instituto Galego de Promoción Económica.

Metodoloxía

Eminentemente práctica. Partindo dos obxectivos perseguidos en cada apartado do programa, o formador introduce os contidos teóricos básicos para, de forma inmediata, incorporar actividades prácticas. O formador oriéntase dende o primeiro momento a que o alumno coñeza, se implique e realice por si mesmo a cumprimentación de impresos, documentos, equipos, etc.; acceda ás distintas webs da actual administración electrónica (AEAT, TXSS, RMC, OPM…), elabore os presupostos económicos e a axenda de actuacións a realizar para o inicio da súa actividade profesional.

O taller inclúe resolución de consultas e acompañamento a distancia polo profesorado, dos alumnos que queiran poñer en práctica o inicio das súas actividades durante os dous meses posteriores á finalización do curso.

 

Programa

1. FORMAS XURÍDICAS BÁSICAS.

2. TRÁMITES
2.1. O AUTÓNOMO ou empresario individual
2.1.1. Consultas previas á apertura
2.1.2. Rexistro da marca, nome ou rótulo
2.1.3. ALTA na AEAT
2.1.4. Permisos municipais: local propio / local arrendado
2.1.5. ALTA na TGSS
2.1.6. Apertura de Centro de Traballo
2.1.7. Legalización de Libros obrigatorios

2.2. AS SOCIEDADES MERCANTÍS
2.2.1. Consultas previas á apertura
2.2.2. Rexistro da marca, nome ou rótulo
2.2.3. Certificación negativa do nome da sociedade
2.2.4. Depósito do Capital Social e Escritura pública de Constitución. Protocolización de los Estatutos sociais
2.2.5. ALTA na AEAT / CIF provisional
2.2.6. Liquidación ITP e AJD
2.2.7. Inscrición no Rexistro Mercantil e Rexistros Especiais: Sociedades Laborais e/ou Cooperativas
2.2.8. Permisos municipais: local propio / local arrendado
2.2.9. ALTA na TXSS
2.2.10. Apertura de Centro de Traballo
2.2.11. Legalización de Libros obrigatorios

3. OUTRAS OBRIGAS
3.1. Colexiación e Seguros de Responsabilidade Civil
3.2. Plan de Prevención de Riscos Laborais
3.3. Protección de Datos de Carácter Persoal
3.4. Aspectos básicos de Contabilidade, Fiscal e Laboral

4. ASPECTOS BÁSICOS DA CONTABILIDADE E FINANZAS
4.1. Previsión de Pagamentos
4.2. Custos Fixos e Custos Variables: Punto Morto da actividade
4.3. Balance de Situación e da Conta de Resultados
4.4. Algúns Produtos para o financiamento da empresa

5. APOIOS DO IGAPE AO EMPRENDEMENTO
5.1. Plan de negocio
5.2. Formación
5.3. Información
5.4. Servizo de Creación de empresas de forma telemática
5.5. Programa Re-Emprende
5.6. Mentoring

 

Destinatarios

Profesionais que teñan previsto realizar actividades de prestación de servizos tanto como actividade principal ou secundaria.

Formadores

Andrés Villamarín: Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais. Máster en dirección de empresas MBA. Economista asociado Director en Villamarin Professional Group S.L.P.

Mª Begoña Costa Camino: Licenciada en Economía. Socia fundadora de C&B Asociados consultoría laboral, fiscal e contable, S.L. Ampla experiencia en actividades formativas.

Guillermo Viña: Xerente IgapeNova.Área de Competitividade.Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE)

Axenda

O curso ten unha duración de 4,5 horas:

  • Venres 26 de abril. De 16:00 a 20:30 horas.

Lugar

Centro demostrador TIC de Galicia, Rúa Airas Nunes, s/n – Conxo. Santiago de Compostela. Podes consultar a localización neste enlace. E de xeito simultáneo ás aulas CeMIT de A Coruña, Ourense, Pontevedra e Vigo

Matrícula

Inscrición

Prazo de inscrición: do 04/04/2013 ao 19/04/2013

Santiago de Compostela (CDTIC): As inscricións deberán realizarse a través do seguinte enlace:  web do CDTIC12/04/2013: NOTA INFORMATIVA: Esta actividade trasládase ao Salón de Actos do CNTG, na planta baixa do mesmo edificio onde está ubilicado o CDTIC.

Aulas CeMIT:

Os colexiados poderán inscribirse a través do enlace «Inscribirse» situada na parte inferior da páxina, o resto de usuarios para realizar a inscrición deberán enviar o formulario de inscrición:

  • Formulario de inscrición. Deberase enviar por e-mail a eventos1@cpetig.org co asunto INSCRICIÓN TALLER EMPRENDEMENTO ou por fax ao número 981 937 831.

Prezos

O taller é gratuíto

A non asistencia ao curso, sen renuncia previa, nin causa documentalmente xustificada, implicará que non sexa admitido en ningunha outra actividade do CPETIG durante un ano.

Máis información

Para ampliar esta información ou dúbidas respecto ao proceso, contactar no teléfono 981 937 832 ou no correo eventos1@cpetig.org.