Seminario de Boas Prácticas en Xestión de Proxectos

Dentro das actividades enmarcadas no convenio asinado coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, o CPETIG anuncia a celebración do «Seminario de Boas Prácticas en Xestión de Proxectos».

O seminario celebrarase o vindeiro 17 de xuño no telecentro de Santiago de Compostela, con emisión por videoconferencia aos telecentros de A CoruñaLugoOurense e Vigo. Os asistentes nos distintos telecentros poderán participar no seminario realizando preguntas ou comentarios aos relatores.

Obxectivos

O obxectivo deste seminario é presentar relatorios para afondar nos conceptos clave para a xestión de proxectos exitosos no eido da informática nun marco de referencia práctico, dando unha visión ampla ao traballo de enxeñeiros e analistas. Para isto introducirase a visión das boas prácticas en xestión de proxectos en dous marcos metodolóxicos diferenciados: o modelo CMMI e as metodoloxías áxiles. Este seminario contará coa presenza de recoñecidos expertos nas materias a tratar (José Luis Iparraguirre, Carlos G. Jardón, José Ramón Díaz e David Esmerodes), así como a presenza do INTECO a través de Iñigo Tomé.

Destinatarios

  • Profesionais do sector TIC ou estudantes que desexen ampliar o seu coñecemento na xestión de proxectos

Programa

  • 15:30 h: Entrada e rexistro no telecentro
  • 16:00 h: Presentación
  • 16:10 h: «A seguridade e as súas certificacións nas PEME. Os SXSI». Iñigo Tomé (INTECO) dentro da súa presentación, realizará unha exposición dos servizos que ofrece o Inteco.
  • 17:00 h: «As bases do axilismo: Os principios». David Esmerodes (responsable do grupo de axilismo en Galicia «áxil-mente«)
  • 17:30 h: «Os principios áxiles aplicados: Scrum». José Ramón Díaz (xefe de proxectos en Biko, membro de agile spain)
  • 18:20 h: Descanso de 10 minutos.
  • 18:30 h: «A xestion de proxectos como pilar da calidade». Carlos G. Jardón (coordinador de proxectos de banca na Dirección Xeral de Outsourcing en Tecnocom, PMP e EMBA)
  • 19:00 h: «A mellora cuantitativa». José Luis Iparraguirre (é High Maturity Lead Appraiser, sendo o único español certificado para avaliacións dos niveis 4 e 5 de CMMI)
  • 19:50 h: Despedida e peche do Seminario

Axenda

  • Xoves 17 de xuño de 2010

Lugar

Inscrición

Para inscribirse neste seminario deberá cumprimentar unha inscripción indicando ademáis dos seus datos, o telecentro ao que desexa asistir. O prazo de inscrición é do 18 de maio ao 11 de xuñoO formulario para inscribirse neste seminario deberá ser remitido por e-mail a boaspracticas@cpetig.org co asunto INSCRICIÓN SEMINARIO BOAS PRACTICAS ou por fax ao 981 937 831.

Prezos

A inscrición neste seminario é de balde.

Renuncia

Se vostede decide non asistir ao curso, deberá comunicar a súa renuncia, vía fax: 981 937 831 ou correo electrónico: boaspracticas@cpetig.org, cunha antelación de 3 días hábiles anteriores ao inicio do curso. De non facelo así, e salvo motivo xustificado documentalmente, non será admitido en ningunha outra actividade durante un ano.