O COLEXIO ORGANIZA UN “SCRATCH DAY” PARA DIFUDIR OS VALORES DA PROGRAMACIÓN INFORMÁTICA ENTRE RAPACES E PAIS

Diríxese fundamentalmente a rapaces e rapazas de entre 10 e 14 anos, que acompañados dun adulto, poderán compartir unha xornada aprendendo, profundizando e gozando da informática con Scratch.

A implicación e a concienciación dos pais neste ámbito servirá de apoio para que os nenos se sintan atraídos cara á programación informática, de xeito que esta actividade organizada polo colexio non sexa unha excepción, senón o principio dun labor a seguir no fogar.

Este evento da continuidade ao curso de Scratch para formadores que tivo lugar na FIC o pasado venres 22 de abril, xa que no Scratch Day se contará con monitores formados neste curso. Esta actividade, da que se prevé facer tres edicións máis ao longo do ano, encádrase dentro do convenio de colaboración asinado entre o CPETIG e a AMTEGA o pasado 4 de abril.

Obxectivos da xornada

O “Scratch Day”, que terá lugar na Facultade de Informática da Coruña. Campus Elviña, ten como obxectivos xerais:

  • Eliminar mitos en relación á programación informática.
  • Introducir aos asistentes de forma lúdica e divertida no mundo da programación.
  • Coñecer a contorna de programación Scratch.
  • Aprender a desenvolver videoxogos coa ferramenta Scratch.
  • Concienciar da potencia da programación como medio de expresión das ideas propias e como medio de emprendemiento.
  • Descubrir as posibilidades que poden ofrecer as TIC, especialmente en idades temperás e contribuír, así, a reducir a fenda dixital.

Axenda

Data: sábado, 7 de maio de 2016

Lugar: Facultade de Informática da Coruña. Campus Elviña

Axenda:

  • 9.30 a 10.00 – Benvida
  • 10.00 a 10.30 – Presentación e demostracións
  • 10.30 a 13.30 – Taller de programación con Scratch (2 talleres en paralelo. Nivel iniciación e nivel avanzado)
  • 13.30 a 14.00 – Presentación de proxectos

Os asistentes distribuiranse en función da súa experiencia previa con Scratch. Haberá un taller de iniciación e outro de nivel avanzado.

    Formadores

    No “Scratch Day” contarase coa participación de profesorado experto en Scratch así como de monitores xurdidos do curso de Scratch para formadores que se impartiu o pasado 22 de abril na FIC.

     

    INSCRICIÓN AQUÍ