Publicados no BOE os estatutos provisionais do Consello Xeral de Colexios

Segundo a disposición adicional primeira dos citatos Estatutos, dentro dos quince días seguintes á publicación dos mesmos, a Comisión Xestora do Consello efectuará a convocatoria da sesión constitutiva da Asemblea Xeral do Consello Xeral, que se realizará no mes seguinte á súa convocatoria, en cuxo primeiro punto da orde do día se procederá á elección e toma de posesión dos membros da Xunta de Goberno. Esta é unha gran nova para todo o noso colectivo. Suporá poder traballar dende o Consello Xeral, a nivel estatal, na dignificación da nosa profesión.