Seminarios sobre protección de datos, e-administración e expediente electrónico na admón de xustiza

Baixo a dirección técnica de Víctor Salgado, avogado especialista en lexislación sobre o proceso de datos, o CPETIG organiza estas xornadas destinadas a xuíces, maxistrados, secretarios xudiciais e outros funcionarios que realizan trámites na Administración de Xustiza en Galicia.

Nestes seminarios, cofinanciados pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), abordaranse distintos aspectos da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de carácter persoal (LOPD), así como a Lei 18/2011, de 5 de xullo, reguladora do uso das tecnoloxías da información e a comunicación na Administración de Xustiza, co obxectivo de dotar de maior seguridade xurídica á nova realidade tecnolóxica ao tempo que se incrementa a seguridade e a eficiencia na administración xudicial co uso de ovas ferramentas electrónicas avanzadas

Acceso ao programa e formulario de inscrición