O CPETIG celebrou asamblea xeral extraordinaria

 

Por una banda, e tras o seu debate entre os membros, procedeuse á aprobación da modificación dos estatutos. Este cambio ten por obxecto adaptarse a cambios normativos, axilizar e mellorar a xestión do Colexio e, principalmente, incorporar a posibilidade de colexiación dos titulados no Grao en Enxeñería Informática. A partir de agora estes novos titulados tamén poderán integrarse coma colexiados no CPETIG.

A continuación a xunta debateu e aprobou outra modificación, esta vez no regulamento do Corpo Oficial de Peritos, sempre coa intención de mellorar a súa xestión e adaptarse a cambios na normativa.

A asemblea rematou, como é habitual, cunha rolda de intervencións.

Curso CEPRAL

A continuación da asemblea o Colexio impartiu una formación teórica sobre o funcionamento do servizo de Certificación da Experiencia Profesional para Recoñecementos Académicos e Laborais (CEPRAL). Esta formación foi impartida de xeito gratuíto exclusivamente a colexiados. Durante unha hora foron instruídos sobre o significado desta certificación e o proceso a seguir para obtela.

Os asistentes poderán agora solicitar formar parte do Comité CEPRAL do CPETIG como valoradores, para o que deberán superar un curso práctico, que será impartido a principios do vindeiro 2015 de xeito online e gratuíto.