O CPETIG APOIA AS MOVILIZACIÓNS EN DEFENSA DA PROFESIÓN

 

 O CPETIG apoia as movilizacións en defensa da profesión convocadas para o vindeiro 19 de novembro, ás 12h, como expresión do enorme e máis que xustificado descontento que sinten os 130.000 enxeñeiros e enxeñeiras en informática e os 95.000 estudiantes destas titulacións por esta situación, e coincide coas reivindicacións que se están transmitindo nelas.   A iniciativa de folga non parte de ningún colectivo que representa á nosa profesión, senon que é unha iniciativa particular que tivo a súa orixe no sitio web http://www.huelgainformatica.es.  Esta iniciativa está acadando unha repercusión que superou con creces calquera outra anterior. Neste sentido conta co apoio moral do CPETIG e o agradecemento pola sensibilización que esta a ter no noso colectivo. Non obstante, non hai convocada unha folga oficialmente, o que hai son manifestacións. Convocar unha folga de xeito legal implica unha serie de prazos e procedementos que non se observaron. Polo tanto, os traballadores que desexen asistir a unha manifestación deberán consultar os seus convenios laborais para poder ausentarse do traballo ou ben facelo por outros motivos (asuntos propios, etc). O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia non é unha entidade con capacidade legal de convocar unha folga. O CPETIG convida aos profesionais membros ou non do Colexio, a estudiantes de informática e a persoas sensibilizadas co problema a que colaboren a título personal nas accións que se deriven desta convocatoria, sempre dentro do respeto á Lei e ao Estado de Dereito. En Santiago de Compostela, a 15 de novembro de 2008.