O CPETIG apoia a labor do CONCITI

O CPETIG apoiou cos seus votos a aprobación dos orzamentos e plan de actividades para o vindeiro exercicio de 2014 presentados polo CONCITI, así como a memoria de  actividades e informe económico do actual exercicio 2013, que finalmente foron aprobados por unha ampla maioría. A maioría dos gastos derivan das viaxes a Madrid á que se ven obrigados os membros da Xunta de  Goberno do CONCITI para a defensa da nosa profesión.

Dende o CPETIG queremos agradecer aos membros da Xunta de Goberno  todas as actividades, tanto públicas como privadas, que veñen realizando en beneficio e defensa da profesión e para o que empregan o seu tempo libre, sen ser retribuidos. Tamén apoiamos e respaldamos o esforzo dos membros dos membros do  CPETIG na Xunta, non só asistindo a estas Asambleas, senon tamén coas diferentes labores que desenvolven no Consello e os días e horas que adican ás súas reunións.

Na mesma asamblea resultaron nomeados para cubrir os postos vacantes na Xunta D. José Luis Rivas (CPETIG), D. Juvenal Machín (COITIC), e D. Joan Clapés (COETIIB) como vogais e D. Waldo Castillo (COITIMUR) como tesoreiro segundo. Estas incorporacións demostran o apoio á actual Xunta de Goberno do CONCITI e supoñen un novo impulso ao traballo futuro do CONCITI pola defensa da nosa profesión.

Máis información: http://www.conciti.org/2013/12/17/celebradas-asambleas-ordinaria-y-extraordinaria/