O CPETIG amplía a bonificación das cotas para favorecer a colexiación de estudantes e novos profesionais

A cota de pre-colexiación, que ata agora era de 50€ anuais, pasa a ser gratuíta, polo que os estudantes de Grao en Informática (listado de graos dos que os titulados se poden colexiar http://www.conciti.org/grados-en-ingenieria-informatica/ ) poderán adherirse ao CPETIG de xeito gratuito e gozar das súas vantaxes. A subvención da cota de colexiado (100€ anuais) para colexiados desempregados, pasa do 50% que se aprobou no 2013 ao 100%. A cota de reincorporación de colexiados que xa pertenceron ao CPETIG e se deron de baixa, redúcese de 35€ a 15€. Aquelas persoas que se colexien ao rematar a titulación, gozarán do 50% de redución da cota anual durante o seu primeiro ano de titulación.