Novas vantaxes exclusivas para os colexiados grazas ao convenio co Banco Sabadell

O acordo foi asinado polo presidente do Colexio, Marcos Jaime Mata Mansilla e por Juan Luis Candamo, director de Zona Galicia Sur de Banco Sabadell e recolle unha ampla gama de produtos e servizos financeiros en condicións preferentes adaptados á actividade profesional e á economía persoal dos colexiados, destinados a solucionar todas as súas necesidades financeiras. Esta oferta irase actualizando e ampliando en función das novidades e os avances que se producen no mercado bancario e tamén en función das necesidades que van xurdindo aos colexiados.

Trátase dunha oferta global, con produtos de aforro-investimento, de financiamento e de servizos.