IV Xornadas OpenERP. Lugo 2011

OpenERP é un completo sistema de xestión de empresas / organizacións (ERP) de licenza libre que cubre as necesidades das áreas de contabilidade, vendas, compras, almacén, inventario, proxectos, CRM, recursos humáns, TPV, tendas virtuais… As xornadas nacionais de OpenERP pretenden compartir, difundir e mellorar o entorno de desenrolo rápido de aplicacións e xestión integral (OpenObject/OpenERP) baseado nunha tecnoloxía moderna e libre que permita avanzar de forma colaborativa no uso das TIC na nosa sociedade.