Inaugúrase o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

 

En presenza de numerosos representantes de empresas internacionais TI (Oracle, SAP, Microsoft,…), empresas galegas e colectivos profesionais (entre os que se atopaba o CPETIG) firmáronse diversos acordos de colaboración para achegar formación punteira ó colectivo de profesionais galegos.Entre os obxectivos do CNT está o de servir de ponte entre a formación académica regrada e a demanda do mercado laboral, como escaparate de produtos das empresas galegas e como apoio a outras entidades para a realización de actividades nesta materia. Baixo o principio de neutralidade tecnolóxica organizaranse cursos que empezarán a impartirse no mes de outubro do 2008. O programa de formación do centro ata xuño inclúe preto de 50 cursos especializados en TIC. A programación formativa arranca coa organización dun total de 16 actividades de formación, que se impartirán ao longo dos meses de outubro, novembro e decembro.Para desenvolver estas actividades o CNT nace como proxecto de creación, desenvolvemento, integración e potenciación dunha contorna de colaboración e participación coas empresas, agrupacións empresariais, clústers, asociacións multisectoriais, colexios profesionais e, en xeral, entidades relacionadas e comprometidas co desenvolvemento da sociedade da información en Galicia. Esta colaboración fundamentarase así na detección de tendenzas que permitan definir estratexias de actuación, na proposta de realización de actividades que se axusten ás necesidades reais do sector, na difusión e participación en eventos e na definición e materialización de políticas de sensibilización relacionadas co uso das novas tecnoloxías.Máis información na nota de prensa da Xunta de Galicia e no sitio web do Centro de Novas Tecnoloxías