Aberto prazo de inscrición na II edición do concurso escolar Aprendo Programando, baixo a temática “Convivir en igualdade”

 

O concurso está aberto a tódolos centros escolares de Galicia co obxectivo de ofrecer un estímulo tanto ao profesorado coma ao alumnado para achegarse á programación a través do Scratch, e buscar a superación tanto a nivel persoal coma colectivo. Cada centro participante terá que entregar, nos prazos establecidos, un proxecto programado polo alumnado mediante a ferramenta Scratch entrando deste xeito a formar parte do concurso.

Os centros interesados en participar poder consultar as bases e realizar a inscrición na páxina web do concurso http://aprendoprogramando.cpetig.org