I Xornadas de Informática Xudicial e Delitos Informáticos

Dentro das actividades enmarcadas no convenio asinado coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, o CPETIG anuncia a celebración das «I Xornadas de Informática Xudicial e Delitos Informáticos». A xornada celebrarase o vindeiro 5 de xuño no Talaso Hotel Louxo de A Toxa (Pontevedra)

 

Obxectivos

  • Informar aos xuíces e maxistrados dos avances en materia probatoria no caso de delitos informáticos.
  • Sensibilizar sobre a axuda que poden prestar os peritos informáticos nas causas xudiciais e que se pode probar e que non.

Programa

  • Presentación: 10 h.
  • 1º relatorio – «O Dereito ante as novas tecnoloxías» – Prof. Dr. Miguel Ángel Davara Rodríguez (Presidente e fundador da firma madrileña de asesores xurídicos Davara & Davara, especialistas en Dereito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións)
  • 2º Relatorio – «A investigación de delitos por internet e outras novas tecnoloxías» – Dr. Eloy Velasco Núñez (Maxistrado-Xuíz Instructor da Audiencia Nacional)
  • Pausa – café
  • 3º Relatorio – «O inevitable da proba electrónica nos procedementos xudiciais do século XXI» – Paloma Llaneza(Avogado, CISA, Socio Director de Razona Legaltech e Presidenta de AEDEL)
  • 4º Relatorio – «Práctica Forense: aseguramento, cadea de custodia e análise das evidencias informáticas» – Juan Salom Clotet (Xefe do Grupo de Delitos Telemáticos da Garda Civil)
  • Mesa Redonda: «Cara á dixitalización da práctica forense. Desafíos e retos da proba electrónica na Xustiza do século XXI. «
    • Moderador: D. Juan Bautista Quintás Rodríguez (Maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia)
    • Intervenientes:
    • D. Luis María Uriarte (Fiscal especialista en criminalidade informática da provincia de Pontevedra)
    • Prof. Dr. Francisco Javier Sanz Larruga (Profesor Titular da UDC especializado en Administración Electrónica)
    • D. Miguel Abal González (Perito Informático Experto do CPETIG)
    • Prof. Dr. Miguel Ángel Davara Rodríguez.
    • Dr. Eloy Velasco Núñez .
    • Dna. Paloma Llaneza Razona.
    • Cmte. D. Juan Salom Clotet
  • Despedida e peche
  • Xantar: 14:00 h.

Axenda

  • Sábado 5 de xuño de 2010

Lugar

Inscrición

Para inscribirse nesta xornada deberá cumprimentar unha inscripción que lle dará dereito á súa matriculación definitiva unha vez aboado o importe da matricula. Oprazo de inscrición é do 04 de maio ao 2 de xuño as 14:00 horasO formulario para inscribirse nos cursos e que deberá ser remitido por e-mail a xornadaxudicial@cpetig.org co asunto INSCRICIÓN XORNADA XUDICIAL ou por fax ao 981 937 831.

Prezos

O prezo da matrícula é de 75 €A matrícula inclúe o xantar no Talaso Hotel Louxo.