Estudo de Fundefo sobre as ocupacións emerxentes aorredor das novas tecnoloxías

O obxectivo xeral que se establece coa realización deste estudo é detectar os cambios producidos nas ocupacións e profesións de Galicia debido ao impacto das novas tecnoloxías. Os obxectivos específicos que se marcan con esta análise serán entre outros:

  • Comprobar cal é a situación actual en canto a novas profesións e ocupacións en Galicia, comprobando o grao de impacto das Novas Tecnoloxías na aparición das mesmas.
  • Determinar as profesións emerxentes que veñen da man do impacto e influencia das Novas Tecnoloxías.
  • Prever o surdimiento de novas ocupacións a curto e medio prazo en Galicia con motivo da influencia das Novas tecnoloxías.
  • Identificar situacións concretas e específicas en determinadas zonas da Comunidade galega, debido a peculiaridades propias.
  • Analizar e detectar posibles necesidades formativas de cara ao desempeño das ocupacións emerxentes e novas profesións en Galicia, para unha maior cualificación dos profesionais no seu posto de traballo.
  • Propor recomendacións para a mellora formativa dos traballadores de cara á súa inclusión nas ocupacións emerxentes.

O Colexio participa neste estudo como Observador Privilexiado TIC.