O CPETIG entrega os premios do I concurso de programación en Scratch

 

O CPI Plurilingüe Virxe da Cela e o IES de Brión acadan os primeiros premios na categoría primaria e secundaria respectivamente.

Santiago, 24 de xuño de 2016. Co obxectivo de ofrecer un estímulo tanto a profesores como a alumnos para achegarse á programación da man de Scratch e buscar a superación tanto a nivel persoal coma colectivo, o CPETIG convocou para o período escolar 2014-2016 un concurso de programación en Scratch baixo a temática “O Camiño de Santiago” do que mañá sábado, a partir das 12.00 horas terá lugar o acto de entrega de premios no salón de actos de El Corte Inglés en Santiago de Compostela.

O concurso contou co apoio de El Corte Inglés, Fundación Barrié, Coremain e Gadis.

Nesta edición presentáronse medio cento de proxectos levados a cabo por grupos compostos por ata 8 alumnos e un profesor pertencentes a distintos centros de ensinanza primaria e secundaria de Galicia.

Na categoría de primaria, o 1º premio recaeu no proxecto CAMIÑO PREGUNTÓN do CPI PLURILINGÜE VIRXE DA CELA, grupo VIRTUALKIDS e o segundo premio foi para o proxecto PASENIÑO, PASENIÑO FAISE O CAMIÑO do CEIP PLURILINGÜE VILAR DE BARRIO, grupo GALOPÍNS.

En canto á categoría de secundaria, o 1º premio acadouno o proxecto ANDANDO O CAMIÑO do IES DE BRIÓN, grupo CAMIÑANTES e o segundo premio foi para o proxecto AVENTURAS DO CAMIÑO do IES CARLOS CASARES, grupo SCRATCHERS EN VIANA.

Máis información na web do concurso