Desenvolvemento de aplicacións Android

Obxectivos

O curso ten como obxectivo dar un enfoque teórico e práctico das características do sistema operativo Android dende un punto de vista do desenvolvedor. Realizarase unha introdución inicial de todo o conxunto de tecnoloxías que forman Android, analizaranse cada un dos seus compoñentes de forma separada e como interactuar entre eles para desenvolver aplicacións. Unha vez que o asistente comprenda os fundamentos esenciais de Android, mostraráselle de que xeito as aplicacións se comunican co usuario, a través de interfaces gráficas e vistas. Finalmente farase énfase na importancia da seguridade á hora tanto de desenvolver as aplicacións coma na execución destas. Ao final do curso, o asistente deberá ter os coñecementos necesarios para desenvolver aplicacións sobre o sistema Android, manter outras xa existentes, dominar un conxunto de boas prácticas á hora de desenvolver en Android e publicar aplicacións en Android Market para o seu uso ou venda.

Programa

1 Introdución
Evolución do sistema Android, a súa orixe e motivación, compañías que dan soporte dentro da Open Handset Alliance e en que consiste o sistema operativo Android.

2 Arquitectura do sistema
Analizaranse a arquitectura que compón o sistema operativo Android dende un punto de vista de sistema.

3 Ámbito de desenvolvemento
Nesa sección mostrarase todo o necesario para comezar o desenvolvemento sobre Android a través do IDE de desenvolvemento Eclipse: dende a configuración do ámbito, descarga dos elementos fundamentais, ata o desenvolvemento propio dunha aplicación en si.

4 Arquitectura das aplicacións Android
Explicarase cuales son os compoñentes lóxicos que compoñen unha aplicación Android, dende os seus requirimentos, elementos gráficos, partes funcionais e os ciclos de vida dos distintos compoñentes da aplicación.

5 Almacenamento de datos
Mostraranse os distintos mecanismos de que se dispón de cara a facer persistir a información, almacenala, consultala e modificala.

6 Multimedia
Mostraranse os diferentes recursos dos que dispón a plataforma Android para traballar con elementos multimedia tales como Media player, camera.

7 Proxecto Android
Propoñerase ao alumno a realización dunha aplicación Android baixo a tutela do profesor para que desenvolva todos os coñecementos e habilidades obtidos durante o curso.

Destinatarios

Este curso está pensado para aqueles profesionais TIC (programadores, deseñadores, analistas, enxeñeiros informáticos, xefes de proxecto…) que desexen ampliar o seu coñecemento e habilidades nunha tecnoloxía tan emerxente e demandada son as tecnoloxías móbiles e en particular o de aplicacións para móbiles.

Requírese do asistente uns coñecementos mínimos en programación, concretamente en tecnoloxías JAVA e programación orientada a obxectos e coñecemento do IDE de desenvolvemento eclipse.

O alumno deberá levar o seu propio portátil ao curso.

Formador

José Cortés: Enxeñeiro en Informática pola Universidade Politécnica de Cataluña,  co-fundador e membro do equipo directivo de Slash Mobility. Desenvolveu a súa carreira profesional en empresas de innovación tecnolóxica e conta con ampla experiencia formativa no ambito de J2EE e mobilidade.

Axenda

O curso ten unha duración de 20 horas distribuidas do seguinte xeito:

  • Venres 01 e 08 de marzo. De 16:00 a 21:00 horas.
  • Sábado 02 e 09 de marzo. De 09:00 a 14:00 horas.

Lugar

Gran Hotel Santiago, Avenida do Mestre Mateo, 27. Santiago de Compostela. Podes consultar a localización neste enlace.

Matriculación, prezos e prazas dispoñibles

Inscrición

Prazo de inscrición:

  • Colexiados do CPETIG e solicitudes de colexiación: do 25/01/2013 ao 25/02/2013
  • Outras solicitudes: do 01/02/2013 ao 25/02/2013

número de prazas dispoñibles é de 25, adxudicándose por orde de inscrición.

Os colexiados poderán inscribirse a través do enlace «Inscribirse» situada na parte inferior da páxina, o resto de usuarios non rexistrados (público xeral, estudantes ou compromisos de colexiación), para realizar a inscrición deberán remitir a seguinte documentación:

  • Formulario de inscrición. Deberase enviar por e-mail a cursomobilidade@cpetig.org co asunto INSCRICIÓN CURSO MOBILIDADE ou por fax ao número 981 937 831.
  • Xustificante bancario do abono da matrícula, que deberá realizarse na conta corrente do CPETIG en Nova Galicia Banco nº 2080-1003-22-3040021451.
  • No caso de ser beneficiario da matrícula reducida de estudante deberase enviar documento xustificativo da condición de estudante de Informática dunha das universidades (UDC, USC, UVIGO).
  • No caso de compromiso de colexiación ou precolexiación terán de tempo ata a o momento do comenzo do curso para entregar a documentación de colexiación, que se detalla no apartado «Coléxiate!!» da web do Colexio http://www.cpetig.org. A compulsa da documentación poderá facerse por membros da XG no momento da entrega (lembrar levar orixinal e copia). De non facelo, pódeselle negar a entrada ao curso.

Prezos

Tipo Matrícula
Colexiados en condición de desempregoColexiados / Precolexiados / Compromiso colexiaciónEstudantes Informática UDC/USC/UVIGOOrdinaria
45 €90 €250 €500 €

(*) O compromiso de colexiación implica o pago da cota do primeiro semestre: 50€ colexiados e 25€ pre-colexiados, para colexiados implicará tamén o pago da cota de alta ou reincorporación.

Notas

No caso de que non se alcance o mínimo de participantes para que o curso sexa viable, ou por motivos de forza maior, o curso poderá ser suspendido e se procederá á devolución do importe da inscrición. Esta devolución se fará tamén de maneira individual, a aqueles que se quedasen sen praza.

Renuncia de prazas asignadas

  • Si renuncia ao curso ata 7 días naturais antes da súa realización, devolverase o 100% do importe da matrícula.
  • Si renuncia entre 3 e 6 días naturais antes do curso, devolverase o 50% do importe da matrícula.
  • Si renuncia faltando menos de 3 días naturais, non se devolverá o importe da matrícula.

A non asistencia ao curso, sen renuncia previa, nin causa documentalmente xustificada, implicará que non sexa admitido en ningunha outra actividade do CPETIG durante un ano.

Máis información

Para ampliar esta información ou dúbidas respecto ao proceso, contactar no teléfono 981 937 832 ou no correo cursomobilidade@cpetig.org.

(*) The Android robot is reproduced or modified from work created and shared by Google and used according to terms described in the Creative Commons 3.0 Attribution License