Curso de xestión de proxectos

Dentro das actividades formativas enmarcadas no convenio asinado coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, o CPETIG anuncia a celebración durante o mes de maio de dous cursos de xestión de proxectos,que se levarán a cabo no Hotel NH Obradoiro en Avenida Burgo das Nacións s/n, Santiago de Compostela.

Estes cursos, con condicións de acceso moi vantaxosas para colexiados e aqueles que asinen o compromiso de colexiación, contarán coa presenza de dous expertos e acreditados formadores na materia, Carlos G. Jardón e José Luis Iparraguirre.

O carácter diferenciador será o enfoque tomado como referencia, o modelo CMMI no curso de José Luis Iparraguirre e acertificación PMP no impartido por Carlos Jardón.
Os cursos celebraranse en paralelo. Isto implica que se deberá optar por un dos cursos, ou ben facer a preinscrición en ambos e agardar ao período de selección para saber si se é aceptado en algún deles.

Dentro da axenda dos mesmos se inclúe unha xornada conxunta sobre a situación actual da xestión de proxectos no ámbito laboral en Galicia, e a súa comparativa coa realidade do resto do Estado e incluso as opcións internacionais.

Obxectivos

  • Coñecer os procesos principais da xestión de proxectos, recollidos no PMBOK® – Project Management Body of Knowledge, ou ben o modelo CMMI, as súas representacións e áreas de proceso.
  • Entender como estes procesos contribúen á mellora na xestión dos proxectos.
  • Coñecer as principais ferramentas que soportan a xestión dun proxecto.
  • Proporcionar unha linguaxe común para falar da dirección de proxectos.

Destinatarios

Os destinatarios destes cursos serán os profesionais do sector TIC ou estudantes de Informática que desexen mellorar os seus coñecementos na xestión de proxectos, ademais de:

  • Coñecer o modelo CMMI ou a certificación PMP.
  • Preparar o exame da certificación PMP.

Formadores

  • Carlos G. Jardón é coordinador de proxectos de banca na Dirección Xeral de Outsourcing en Tecnocom, PMP e EMBA. Ademáis é colexiado do CPETIG.
  • Jose Luis Iparraguirre é High Maturity Lead Appraiser, sendo o único español certificado para evaluacións dos niveis 4 e 5 de CMMI

Programa e Descrición da acción formativa

O programa dos cursos é o seguinte:

Curso de Xestión de proxectos – Modelo CMMI

FORMADOR: José Luis Iparraguirre
DURACIÓN: 22 horas

PROGRAMA

  • Capítulo 1: Introdución ao modelo CMMI e á xestión de proxectos
  • Capítulo 2: Tarefas previas á Planificación
  • Capítulo 3: Planificación I – Programación de Tarefas
  • Capítulo 4: Planificación II – Xestión de Recursos
  • Capítulo 5: Planificación III – Planificación de Riscos
  • Capítulo 6: O Plan de Proxecto
  • Capítulo 7: Seguimento de Proxectos
  • Capítulo 8: Peche do Proxecto
  • Capítulo 9: Métricas de Xestión de Proxectos
  • Capítulo 10: Recomendacións

Curso de Xestión de proxectos – Preparación do exame PMP

FORMADOR: Carlos G. Jardón
DURACIÓN: 22 horas

PROGRAMA

  • Módulo 1. Marco Conceptual da Dirección de Proxectos.
    • Introdución á Xestión de Proxectos.
    • Ciclo de Vida do Proxecto e Organización.
    • Introdución ós procesos clave da xestión de proxectos segundo PMBOK® – Project Management Body of Knowledge.
  • Módulo 2. Áreas de coñecemento da Dirección de Proxectos.
    • Métodos de Selección de Proxectos.
    • Xestión do Alcance do Proxecto.
    • Xestión do Tempo do Proxecto.
    • Xestión de Custes do Proxecto.
    • Outros procesos de soporte de Proxectos:
      • Xestión da Calidade.
      • Xestión do Risco.
      • Xestión de Recursos Humanos.
      • Xestión da Comunicación.
      • Xestión das Adquisicións.
  • Módulo 3. Claves para unha xestión de proxectos efectiva.

NOTA: os asistentes ao curso de Xestión de Proxectos – Certificación PMP deberán levar un portátil co fin de poder realizar as prácticas e os test de ferramentas de xestión de proxectos.

Axenda

  • Venres 07 e 21. De 16:30 a 21:30
  • Sábados 08 e 22. De 09:00 a 15:00

Lugar

Hotel NH Obradoiro, Avenida Burgo das Nacións s/n, Santiago de Compostela. Podes consultar a localización neste enlace.

Matriculación, Prazos e Prazas dispoñibles

Preinscrición

Para matricularse nestes cursos deberá cumprimentar unha preinscripción que lle dará dereito á súa matriculación definitiva unha vez aboado o importe da matricula, sempre que fora aceptado no curso. O prazo de preinscrición é do 07 ao 29 de abril, os interesados poderán facer a súa preinscripción nos dous cursos, pero en caso de ser seleccionados unicamente terán dereito a praza nun dos mesmos, e non poderán indicar a súa preferencia na adxudicación de praza.

O número de prazas dispoñibles é de 25 para cada curso. Adxudicaranse por sorteo, e de acordo á seguinte preferencia:

  1. Colexiados e precolexiados do CPETIG, ou aqueles que asinen o compromiso de colexiación / pre-colexiación.
  2. Outras solicitudes.

Formulario para preinscribirse nos cursos e que deberá ser remitido por e-mail a cursoproxectos@cpetig.org co asunto PREINSCRICIÓN CURSO XESTIÓN DE PROXECTOS ou por fax ao 981 937 831.

Formalización da Inscrición

O día 30 de abril de 2010 faranse públicas as listas dos solicitantes admitidos e a partires dese momento poderase proceder á formalización da matrícula mediante o abono do importe correspondente ata o 5 de maio. A lista de admitidos poderá consultarse na páxina web do CPETIG, http://www.cpetig.org. Asímesmo enviarase un email aos solicitantes que o indicaran no formulario de pre-inscrición.

A admisión ao curso non será definitiva ata o momento en que se presenten ao CPETIG o resgardo do certificado bancario no que figure que se ingresou ou transferiu á conta corrente do CPETIG en Caixa Galicia nº 2091-1003-92-3040021451 en concepto de dereito de matrícula do curso, a cantidade que corresponda segundo o tipo de matrícula. Transcurrido o prazo de formalización de matrícula sen que fora feito efectivo e xustificado dito importe, quedará cancelada a reserva da praza que será adxudicada seguindo a orde de solicitantes que estiveran en lista de espera.

Deberase completar o formulario de preinscripción, realizar o abono da matrícula e presenta-la documentación indicada a continuación, que deberá ser remitida por e-mail a cursoproxectos@cpetig.org co asunto PREINSCRICIÓN CURSO XESTIÓN PROXECTOS ou por fax ao 981 937 831:

  • Xustificante bancario do abono da matrícula.
  • No caso de ser beneficiario da matrícula reducida de estudante deberase enviar documento xustificativo da condición de estudante de Informática dunha das universidades (UDC, USC, UVIGO).
  • Unha copia do impreso da solicitude de preinscripción.
  • No caso de ser colexiado ou precolexiado do CPETIG esta condición verificarase de oficio.
  • No caso de compromiso de colexiación ou precolexiación, este compromiso leva asociado, para os seleccionados para o curso, o ingreso da cota do primeiro semestre para colexiados (50€) e precolexiados (25€). Para este ingreso seguiranse os pasos definidos no encabezado do presente apartado. A documentación de colexiación, que se detalla no apartado Coléxiate!! da web do Colexio http://www.cpetig.org, deberá ser presentada o primeiro día do curso. A compulsa da documentación poderá facerse por membros da XG no momento da entrega (lembrar levar orixinal e copia).

En caso de que non se alcance o mínimo de participantes para que algún dos cursos sexa viable, ou por motivos de forza maior, o curso poderá ser suspendido e se procederá á devolución do importe da matrícula.

Prezos

Tipo de matrículaPrezoObservacións
Matricula ordinaria300€
Matrícula reducida225€Estudantes de Informática da UDC, USC e UVIGO
Matrícula colexiados90€Colexiados ou precolexiados do CPETIG ou titulados e/ou estudantes que asinen compromiso de colexiación

Máis información

Para ampliar esta información ou dúbidas respecto ao proceso, contactar no teléfono 981 937 832 ou no correo cursoproxectos@cpetig.org