Curso de Seguridade TI nas organizacións, gratuíto para colexiados

 

O primeiro dos módulos, previsto para os días 9 e 10 na Cidade da Cultura, adícase a Protocolos ante Ciberataques e incidentes en Seguridade TI, e será impartido por Gonzalo Sotelo, responsable do equipo de Investigación Tecnolóxica da Garda Civil de Pontevedra. Os seus contidos abranguen un amplo abano de temas, como unha aproximación lexislativa, a preparación de posibles incidentes de seguridade, o manexo destes incidentes, os dispositivos móbiles, tendencias (malware – APT´s) e fontes abertas (OSINT – Open Source INTelligence).

O segundo dos módulos será os días 16 e 17 de setembro en Santiago, nun lugar aínda por determinar que se fará público á maior brevidade. Será impartido por Juan Luis G. Rambla, director técnico da área de seguridade TIC de Sidertia Solutions. O programa inclúe temas como o bastionado dos sistemas, a trazabilidade das accións, as ameazas contra a dispoñibilidade e integridade, criptografía aplicada e aproximación a un modelo de seguridade integral.

Ao remate da formación, as persoas asistentes terán coñecementos para facer unha implementación segura da protección necesaria nunha organización, protexendo os datos e infraestruturas manexadas en cada unha das súas capas. Controlarán, asemade, os mecanismos para evitar a fuga de información. Pódese realizar a inscrición nun dos módulos ou no curso completo. As prazas son limitadas. Ampliar información e inscricións