Curso práctico avanzado de peritaxes

Tralo éxito das dúas edicións do curso teórico de Peritaxes e informática forense, o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, no marco do convenio asinado coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica presenta a primeira edición do Curso práctico avanzado de peritaxes.

Este curso ten unha duración de 16h e forma parte da programación da Aula de Formación e Capacitación Profesional do CPETIG. Terá lugar na aula de informática da Facultade de Dereito en Santiago de Compostela, e haberá un total de 50 prazas.

Destinatarios

Os destinatarios desta actuación son os enxeñeiros técnicos e enxeñeiros en informática ou estudantes destas titulacións.

Matriculación, Prazos e Prazas dispoñibles

Preinscrición

Para matricularse neste curso deberá cumplimentar unha preinscripción que lle dará dereito á súa matriculación definitiva unha vez aboado o importe da matrícula, sempre que fora aceptado no curso. O prazo de preinscrición é do 18 ó 28 de marzo.

As prazas adxudicaranse por sorteo, e dacordo á seguinte preferencia:

  1. Colexiados do CPETIG que forman parte do Corpo Oficial de Peritos no ano 2010.
  2. Colexiados e precolexiados do CPETIG, que tivesen realizado o curso teórico de peritaxes do CPETIG ou curso convalidado nos últimos dous anos.
  3. Resto de colexiados ou precolexiados, ou aqueles que asinen o compromiso de colexiación / pre-colexiación.
  4. Outras solicitudes.

Formulario para preinscribirse no curso e que deberá ser remitido por e-mail a cursoperitaxes@cpetig.org co asunto PREINSCRICIÓN CURSO PRACTICO PERITAXES ou por fax ao 981 937 831.

Formalización da Inscrición

O día 30 de marzo de 2010 faranse públicas as listas dos solicitantes admitidos e a partires dese momento se poderá proceder á formalización da matrícula mediante o abono do importe correspondente ata o 5 de abril. A lista de admitidos poderá consultarse na páxina web do CPETIG, http://www.cpetig.org. Asímesmo se enviará un email aos solicitantes que o indicaran no formulario de preinscrición.

A admisión ao curso non será definitiva ata o momento en que se presenten ao CPETIG o resgardo do certificado bancario no que figure que se ingresou ou trensferiu á conta corrente do CPETIG en Caixa Galicia nº 2091-1003-92-3040021451 en concepto de dereito de matrícula do curso, a cantidade que corresponda segundo o tipo de matrícula. Transcurrido o prazo de formalización de matrícula sen que fora feito efectivo e xustificado dito importe, quedará cancelada a reserva da praza que será adxudicada seguindo a orde de solicitantes que estiveran en lista de espera.

Se deberá completar o formulario de preinscripción, realizar o abono da matrícula e presenta-la documentación indicada a continuación, que deberá ser remitida por e-mail a cursoperitaxes@cpetig.org co asunto PREINSCRICIÓN CURSO PERITAXES ou por fax ao 981 937 831:

  • Xustificante bancario do abono da matrícula.
  • No caso de ser beneficiario da matrícula reducida para estudiantes deberase enviar a cursoperitaxes@cpetig.org documento xustificativo da condición de estudante de Informática dunha das universidades (UDC, USC, UVIGO).
  • Unha copia do impreso da solicitude de preinscripción.
  • No caso de ser colexiado ou precolexiado do CPETIG esta condición verificarase de oficio.
  • No caso de ser membro do Corpo oficial de peritos esta condición verificarase de oficio.
  • No caso de compromiso de colexiación ou precolexiación, este compromiso leva asociado para os seleccionados para o curso, ademais do pago da matrícula o ingreso da cota do primeiro semestre para colexiados (50€) e precolexiados (25€). Para este ingreso seguiranse os pasos definidos no encabezado do presente apartado. A documentación de colexiación, que se detalla no apartado Coléxiate!! da web do Colexio http://www.cpetig.org, deberá ser presentada o primeiro día do curso. A compulsa da documentación poderá facerse por membros da XG no momento da entrega (lembrar levar orixinal e copia).

En caso de que non se alcance o mínimo de participantes para que o curso sexa viable, ou por motivos de forza maior, o curso poderá ser suspendido e se procederá á devolución do importe da matrícula.

Prezos

Tipo de matrículaPrezoObservacións
Matricula ordinaria250€
Matrícula reducida125€Estudantes de Informática da UDC, USC e UVIGO
Matrícula colexiados75€Colexiados ou precolexiados do CPETIG ou titulados e/ou estudantes que asinen compromiso de colexiación

Axenda do curso

O curso terá lugar en dous fins se semana consecutivos, e co seguinte horario:

  • Venres 09/04: 16:30 a 20:30
  • Sábado 10/04: 10:00 a 14:00
  • Venres 16/04: 16:30 a 20:30
  • Sábado 17/04: 10:00 a 14:00

Programa da acción formativa

O curso será impartido por Javier Pagès, Licenciado en Informática pola Universidade de Valladolid, e experto en Informática forense, peritaxe e seguridade. O programa do curso é o seguinte:

Fases dun análise forense

0. Preparación
1. Identificación
2. Adquisición – Captura de evidencias
Evidencia volátil
Evidencia non volátil
* Discos / Tarxetas Memoria / USB
* Móbiles / PDA
Ferramentas HW e SW
3. Análise de evidencias
Evidencia volátil
Evidencia non Volátil
4. Documentación
5. Dictamen

o Práctica Final – Reto Forense

Máis información

Para ampliar esta información ou dúbidas respecto ao proceso, contactar no teléfono 981 937 832 ou no correo cursoperitaxes@cpetig.org