Curso de peritaxes e informática forense 2013

O curso ten unha duración de nove horas e media e forma parte da programación da Aula de Formación e Capacitación Profesional do CPETIGEste curso permitirá facilitar a base en normativa, coñecementos técnicos e elaboración de informe pericial que un enxeñeiro informático debe posuír para comezar a traballar como perito.

Obxectivos

O artigo 335 da Lei de Enxuizamento Civil di que “cuando sean necesarios conocimientos científicos, artísticos, técnicos o prácticos para valorar hechos o circunstancias relevantes en el asunto o adquirir certeza sobre ellos, las partes podrán aportar al proceso el dictamen de peritos que posean los conocimientos correspondientes o solicitar, en los casos previstos en esta ley, que se emita dictamen por escrito designado por el tribunal”.

A elaboración destes ditames foi un campo profesional tradicionalmente ligado a sectores como a arquitectura, a enxeñaría industrial ou mesmo a medicina. Sen embargo, o desenvolvemento da Informática nos últimos anos implica a aparición de reclamacións xudiciais e novos delitos nun sector cunha elevada carga técnica e cheo de particularidades legais.

É necesario crear e formar expertos que poidan servir de axuda aos xuíces á hora de tomar unha decisión nun caso. Estes expertos deben coñecer as últimas técnicas probatorias e o valor das mesmas, manter un elevado nivel de instrución e coñecementos sobre os avances técnicos e legais que se produzan.

Os asistentes recibirán diploma de asistencia e un exemplar do libro “La peritación informática: un enfoque práctico”

Axenda

O curso ten unha duración de 9,5 horas distribuidas do seguinte xeito:

  • Venres 10 de maio. De 16:30 a 21:00 horas.
  • Sábado 11 de maio. De 09:00 a 14:00 horas.

Programa

Venres 10 de maio

Relator: Víctor Salgado. Avogado-Socio do bufete Pintos & Salgado. EuroPriSe Legal Expert – Comisión Europea
Parte 1: Normativa procesal pericial

  • Introdución: a informática forense como medio de proba
  • Aspectos legais e xurídicos
    • Concepto de proba
    • Evolución da proba como consecuencia das novas tecnoloxías
    • Proba pericial; ámbito, obxecto e finalidade do ditame pericial
    • Incorporación da proba pericial ao proceso. Proposición das partes e designación xudicial
    • Proposición, aceptación e nomeamento
  • Peritos
    • Condicións e clases
    • Tachas dos peritos: a recusación
    • Obrigas e dereitos dos peritos na súa intervención no proceso
    • Comparecencia dos peritos na vista
    • Códigos de práctica e de conduta
    • Responsabilidade derivada da intervención pericial; civil, penal, profesional
  • Informe pericial
    • Informes xudiciais e extraxudiciais
    • Estrutura e contido
    • Valoración xudicial dos ditames periciais

Descanso café

Parte 2: Normativa substantiva da tecnolóxica

  • Introdución e ámbitos xerais regulados polo dereito informático
  • Protección de datos persoais
    • Base xurídica: a LOPD
    • Definicións, responsables e obrigas básicas
    • Medidas de seguridade: niveis básico, medio e alto
  • Comercio electrónico
    • Base xurídica: a LSSI
    • Responsabilidade e Intermediarios e prestadores
    • Publicidade en internet: o SPAM
    • Contratación electrónica
  • Firma electrónica
    • Base xurídica: a LFE
    • Conceptos e tipos de firma
  • Propiedade intelectual
    • Base xurídica: a LPI
    • Concepto e obxectos de protección
    • Dereitos morais e patrimoniais
    • Protección do software
  • Delitos tecnolóxicos
    • Base xurídica: Código penal. Concepto e tipos
    • Delitos de defraudación electrónica, danos informáticos, violación da intimidade, «piratería», etc.

Sábado 11 de maio

Relator: José Luis Rivas. CEO e responsable de sistemas en Hermes Sistemas. Colexiado do CPETIG e membro do COP.

  • Introdución á anális forense
    • Metodoloxía e procedementos
  • O informe pericial
    • Defensa do informe
  • Ferramentas
  • Casos de estudo
    • Call center con software problemático
    • Ataque a un servidor dunha universidade
    • Posible fuga de información por parte dun traballador

Descanso café

Relator: Andrés Villamarín. Licenciado en ciencias económicas. Máster en dirección de empresas MBNA.

Neste relatorio expoñeranse as obrigas fiscais e mercantís derivadas do exercicio da actividade de perito informático.

Relator: Juan Luis Miguéns. Secretario do CPETIG e membro do COP.

  • Presentación do Corpo Oficial de Peritos do CPETIG
  • Funcionamento do COP
    • Elaboración das listas de peritos do COP
    • Designación dun perito
    • Regulamento interno: dereitos e deberes

Destinatarios

Os destinatarios deste curso son os enxeñeiros técnicos e enxeñeiros en informática ou estudantes de enxeñaría informática.

Lugar

Gran Hotel Santiago, Avenida do Mestre Mateo, 27. Santiago de Compostela. Podes consultar a localización neste enlace.

Matriculación, prezos e prazas dispoñibles

Inscrición

Prazo de inscrición:

  • Dende o 16 de abril ao 8 de maio

número de prazas dispoñibles é de 50, adxudicándose por orde de inscrición.

Os colexiados deberán inscribirse a través do enlace «Inscribirse» situado na parte inferior da páxina e enviar o xustificante bancario de abono da matrícula á conta que aparece no seguinte apartado. O resto de usuarios non rexistrados (público xeral, estudantes ou compromisos de colexiación), para realizar a inscrición deben entregar a seguinte documentación:

  • Formulario de inscrición. Deberase enviar por e-mail a cursoperitaxes@cpetig.org co asunto INSCRICIÓN CURSO PERITAXES.
  • Xustificante bancario do abono da matrícula, que deberá realizarse na conta corrente do CPETIG en Nova Galicia Banco nº 2080-1003-22-3040021451.
  • No caso de ser beneficiario da matrícula reducida de estudante deberase enviar documento xustificativo da condición de estudante de Informática dunha das universidades (UDC, USC, UVIGO).
  • No caso de compromiso de colexiación ou precolexiación terán de tempo ata a o momento do comenzo do curso para entregar a documentación de colexiación, que se detalla no apartado «Coléxiate» da web do Colexio http://www.cpetig.org. A compulsa da documentación poderá facerse por membros da XG no momento da entrega (lembrar levar orixinal e copia). De non facelo, pódeselle negar a entrada ao curso.

Prezos

Tipo Matrícula
Colexiados en paro e Precolexiados / Compromiso precolexiaciónColexiados / Compromiso colexiaciónEstudantes Informática UDC/USC/UVIGOOrdinaria
25 €**50 €*80 €200 €

(*) O importe da matrícula descontarase da cota de colexiación de segundo semestre do ano

(**) Os precolexiados deberán usar a palabra precolexiado ou precolexiada na opción de cupón desconto. Os colexiados en paro deberán usar a palabra desempregado ou desempregada na opción de cupón desconto

(***) O compromiso de colexiación/precolexiación implica o pago da cota do trimestre: 25€ colexiados e 12,5€ pre-colexiados, para colexiados implicará tamén o pago da cota de alta ou reincorporación.

Notas

Para a obtención do diploma do curso, será preciso a asistencia ao 80% das horas lectivas da actividade.

No caso de que non se alcance o mínimo de participantes para que o curso sexa viable, ou por motivos de forza maior, o curso poderá ser suspendido e se procederá á devolución do importe da inscrición. Esta devolución se fará tamén de maneira individual, a aqueles que se quedasen sen praza.

Renuncia de prazas asignadas

  • Si renuncia ao curso ata 7 días naturais antes da súa realización, devolverase o 100% do importe da matrícula.
  • Si renuncia entre 3 e 6 días naturais antes do curso, devolverase o 50% do importe da matrícula.
  • Si renuncia faltando menos de 3 días naturais, non se devolverá o importe da matrícula.

A non asistencia ao curso, sen renuncia previa, nin causa documentalmente xustificada, implicará que non sexa admitido en ningunha outra actividade do CPETIG durante un ano.

Máis información

Para ampliar esta información ou dúbidas respecto ao proceso, contactar no teléfono 981 894 545 ou no correo cursoperitaxes@cpetig.org.