Curso de introdución á mobilidade. Xerar negocio con aplicacións móbiles

Dentro das actividades enmarcadas no convenio asinado coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, o CPETIG anuncia a celebración do «Curso de introdución á mobilidade. Como xerar negocio con aplicacións móbiles».

Obxectivos

  • Introdución sobre os beneficios e posibilidades da mobilidade tecnolóxica aplicada ás empresas.
  • Amosar o estado actual e futuro do negocio das aplicacións móbiles, o seu mercado, a competencia e as ferramentas que dispoñen os técnicos para triunfar nun mercado tan competitivo como o actual.

Programa

  • Módulo I. Como xerar negocio con aplicacións móbiles
    • As tendas con aplicacións móbiles
    • Modelos de negocio basados en aplicacións (APPS)
    • ¿Como proporcionar a nosa APPS?
    • Futuro
  • Módulo II. Introdución á mobilidade
    • Introdución á tecnoloxía móbil
    • Redes móbiles
    • Dispositivos móbiles
    • Tecnoloxías móbiles nas empresas
    • Implantación de plataformas móbiles
    • O retorno de inversión (ROI) na mobilidade

Destinatarios

Os destinatarios destes cursos serán os profesionais do sector TIC, tanto técnicos como responsables de proxectos, directivos, ou estudantes de Informática que pretendan achegarse á mobilidade, desexen obter unha visión global de cómo aplicar as tecnoloxías móbiles para ofrecer un valor diferencial ás empresas que as adopten, e do negocio real que se está a producir no ámbito da mobilidade

Formador

  • Emilio Avilés Ávila. Enxeñeiro en Informática pola Universidade Politécnica de Cataluña, fundador de TeCHmi e co-fundador de Slash Mobility. Actualmente é Director Xeral e responsable da estratexia comercial e financieira así como das relacións comerciais de Slash Mobility.

Axenda

  • Módulo I – Venres 6 de maio. De 17:00 a 21:00 horas
  • Módulo II – Sábado 7 de maio. De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas

Lugar

Gran Hotel Santiago, Avenida do Mestre Mateo, 27. Santiago de Compostela. Podes consultar a localización neste enlace.

Matriculación, Prazos e Prazas dispoñibles

Inscrición

Prazo de inscrición:

  • Colexiados do CPETIG: do 11/04/2011 ao 02/05/2011
  • Outras solicitudes: do 18/04/2011 ao 02/05/2011

número de prazas dispoñibles é de 25, adxudicándose por orde de inscrición. Poderase facer a inscrición nun só módulo, ou no curso completo. Para formalizar a solicitude dunha praza é necesario remitir a seguinte documentación:

  • Formulario de inscrición. Deberase enviar por e-mail a cursomobilidade@cpetig.org co asunto INSCRICIÓN CURSO MOBILIDADE ou por fax ao número 981 937 831.
  • Xustificante bancario do abono da matrícula.
  • No caso de ser beneficiario da matrícula reducida de estudante deberase enviar documento xustificativo da condición de estudante de Informática dunha das universidades (UDC, USC, UVIGO).
  • No caso de compromiso de colexiación ou precolexiación terán de tempo ata a o momento do comenzo do curso para entregar a documentación de colexiación, que se detalla no apartado «Coléxiate!!» da web do Colexio http://www.cpetig.org. A compulsa da documentación poderá facerse por membros da XG no momento da entrega (lembrar levar orixinal e copia). De non facelo, pódeselle negar a entrada ao curso.

Comunicación de prazas

As prazas dispoñibles son de 25 asistentes para cada módulo. Cada inscrición recibirá a confirmación da praza.

Prezos

Tipo Matrícula
Colexiados / Precolexiados / Compromiso colexiaciónEstudantes Informática UDC/USC/UVIGOOrdinaria
Modalidade cursoMódulo I30 €70 €90 €
Módulo II50 €130 €170 €
Curso Completo60 €150 €250 €

(*) O compromiso de colexiación implica o pago da cuota de colexiación do primeiro semestre: 50€ colexiados e 25€ pre-colexiados.

Notas

  • O pago da matrícula deberá realizarse na conta corrente do CPETIG en Caixa Galicia nº 2091 / 1003 / 92 / 3040021451 en concepto de dereito de matrícula do curso.
  • No caso de que non se alcance o mínimo de participantes para que o curso sexa viable, ou por motivos de forza maior, o curso poderá ser suspendido e se procederá á devolución do importe da inscrición. Esta devolución se fará tamén de maneira individual, a aqueles que se quedasen sen praza.
  • En ningún caso se devolverá o importe da inscrición pola non asistencia ao curso.

Máis información

Para ampliar esta información ou dúbidas respecto ao proceso, contactar no teléfono 981 937 832 ou no correo cursomobilidade@cpetig.org.