Convócanse axudas para os autónomos na aquisición de ordenadores

 A contía das achegas alcanzará ata o 45% da base impoñible do custo do ordenador ata un máximo de 350 euros, e está previsto que beneficien uns 4.000 traballadores autónomos, case o dobre dos que se acolleron a estas axudas o ano pasado. Os beneficiarios deben tramitar as solicitudes de axuda exclusivamente a través das tendas que teñan sido admitidas como entidades colaboradoras, e o traballador obterá ao instante o desconto na factura do ordenador que compre. Toda a información sobre estas axudas está na web http://www.xunta.es/cei/pcautonomos.