Celebrada a Asemblea Xeral Ordinaria do CPETIG

O CPETIG celebrou o pasado sábado día 30, a súa Asemblea Xeral Ordinaria 2012. Aprobáronse por unanimidade as contas de 2011 e o orzamento para 2012 presentados pola Xunta de Goberno. Informouse tamén na Asemblea sobre o proceso de modificación estatutaria no que está inmerso o CPETIG, que xa se presentou ao Consello de Colexios Oficiais de Enxeñaría Técnica en Informática (CONCITI) do que se está agardando o seu informe. Por último, a Asemblea tamén tratou e ditou as liñas estratéxicas de actuacións a levar a cabo polo CPETIG.