As universidades empezan a presentar títulos europeos de enxeñarías en informática para o próximo curso

 

Enxeñaría Informática de Xestión, Enxeñaría Informática e Comunicacións, Enxeñaría Informática e Enxeñaría Telemática.A titular do Ministerio de Educación, Mercedes Cabrera, optou por cambiar de raíz o concepto clásico de título con contidos comúns. Agora son as universidades as que deciden qué títulos dan. Cada campus fai os seus planes de estudio e, se superan os controles de calidade do ministerio -a través da Axencia de Calidade, Aneca- e das comunidades, pasarán a formar parte do Rexistro oficial de títulos. Ao estilo do esquema anglosaxón, os expertos prevén que no novo modelo o máis relevante para acceder ao mundo laboral e ao académico xa non sexa o nome do titulo que se cursara, se non os contidos, o que se apredera, e en qué universidade se cursara.O proceso aínda está aberto. As titulacións antes comentadas son as que o ministerio comprometeuse a evaluar para que estean listas no próximo curso. Nembargantes, tódalas carreiras que se ofrezan a partir do curso 2010-2011 teñen que respostar ao novo modelo.Por outra banda, todavía o Goberno non aclarou o esquema das enxeñarías con atribucións profesionais (entre as que non se atopa a enxeñaría informática) que se están a negociar todavía con rectores e colexios profesioanais. E por iso, algúns dos 19 títulos de enxeñaría que se presentaran poderían estar suxetos a cambio, como a Enxeñaría Industrial que quere ofrecer a universidade privada do País Vasco Mondragón Unibertsitatea.