As enxeñarías (técnicas) en informática en perigo de desaparecer

 A escusa foi que as enxeñarías e enxeñarías técnicas en informática non teñen atribucións e que a informática é unha materia transversal e polo tanto non debe de concentrarse nunha titulación concreta. O día 28 de outubro presentouse no Congreso na Comisión de Ciencia e Innovación unha Proposición Non de Lei para que se reincorporasen as titulacións de Enxeñarías en Informática (grao e máster) ó debate do conxunto das enxeñarías. Esta proposición foi rexeitada por PSOE e IU-IC-EV, apoiada polo PP e BNG e abstívose CiU e PNV ligando a dotación de fichas con competencias ás enxeñarías en informática ó proceso que consideran necesario de regulación da profesión. Por tanto non prosperou por 19 votos en contra, 17 a favor e 2 abstencións.

Con esta situación e presentadas as fichas de grao e máster de diversas enxeñarías, que sí recollen como competencias algunhas propias das enxeñarías en informática, a situación a día de hoxe e os perigo sque afrontan as enxeñarías en informática e por tanto as preocupacións dos Colexios Profesionais son as seguintes:

  • A enxeñaría técnica segue sen atribucións profesionais declaradas de forma explícita, aínda que sí que está regulada implícitamente pola Lei 12/1986. Que a regulación e as atribucións profesionais non sexan explícitas débese o propio incumprimento da Lei (que obrigaba a incorporar ó Catálogo de Títulos desa Lei a todas as novas enxeñarías técnicas) por parte do Estado a través dos diversos gobernos.
  • O Goberno declarou a súa intención de pospor a decisión e o estudo de asignación de atribucións profesionais ás enxeñarías en informática á previa aprobación da Lei de Libre Acceso e Exercicio das Actividades de Servizos (esta Lei ven motivada por unha Directiva da Unión Europea), da Lei de Cualificacións Profesionais (derivada da Directiva de Cualificacións da Unión Europea) e da Lei de Reforma dos Colexios Profesionais. Podes consultar o anteproxecto de Lei de Servizos que está en fase de audiencia pública.
  • As titulacións universitarias estanse adaptando ó EEES, e teñen que estar adaptadas antes do 2010. Todas as titulacións de enxeñarías (excepto a informática) contan xa coa súa ficha técnica de grao e máster e coas competencias que cada unha delas terá. O motivo que se da dende o Goberno para non incluir as enxeñarías en informática é que non están reguladas, e nesta fase só se adaptarán as titulacións que daban acceso as profesións xa reguladas -industriais, telecomunicacións,..-. Polo comentado no primeiro punto esto non é unha verdade completa e por tanto ó incumplir unha vez a lei estase a xerar o incumprimento doutra lexislación.
  • As fichas dalgunha das titulacións de enxeñarías presentadas (non de informática, voltamos a recordar) recollen nas súas fichas competencias propias das enxeñarías en informática. De feito algún grao é prácticamente idéntico á actual enxeñaría técnica en informática de sistemas. Pero caen dentro doutro ámbito profesional e por tanto dá acceso á actividade profesional das actuais enxeñarías en informática a titulados doutras carreiras universitarias e ademáis co perigo de que sexan Colexios Profesionais non da área das enxeñarías en informática quen supervisen esa actividade profesional -e por tanto quen teñan voz en decidir qué novos títulos poden exercer dita actividade-.
  • A aprobación e elaboración das fichas técnicas dos títulos de grao e máster das enxeñarías en informática -coas súas competencias- condicionase por tanto á regulación da profesión que o Goberno considera necesaria abordar no seu conxunto. Unha vez que se regule a profesión, din, -sen data, sen compromiso escrito, incumplindo promesas de anteriores gobernos que levan sucedéndose durante anos- se lle asignarían competencias ás fichas de grao e máster das enxeñarías en informática.
  • Sen embargo esta actitude contradícese con que se lle estén dando xa competencias nas fichas técnicas a outras titulacións non pertencentes o ámbito das enxeñarías en informática. Abrindo o camiño a que esas novas e antiguas titulacións poidan ter atribucións profesionais competencia das enxeñarías en informática.
  • Por esto as enxeñarías en informática, a día de hoxe, e ó non contar con competencias nos títulos e ó non contar con atribucións profesionais corren un grave perigo de desaparición e corren o grave perigo de que se atomicen en multitude de títulos. Partíamos dun Grao e un Máster en Enxeñaría en Informática e camiñamos a multitude de Graos en Enxeñaría de Sistemas, Enxeñaría de Software, Enxeñaría en BioInformática, Enxeñaría en Tecnoloxías da Información… … E sen compromiso formal de que eses títulos teñan competencias ou atribucións, sen coñecer quen supervisará a súa actividade e que por tanto repercutirá gravemente na percepción e no recoñecemento dos profesionais das enxeñarías en informática e por tanto na dificultade por parte do mundo empresarial de identificar ó personal axeitado debido á exsitencia de tantos títulos de grao e máster relacionados coa informática como así o desexen universidades públicas e privadas.
  • As universidades terán autonomía para inventar títulos relacionados coa tecnoloxía de forma local e diferente entre elas.
  • Os antigos títulos, a día de hoxe, non son homologables a ningún ao non existir nin fichas nin correspondencia cos novos títulos.
  • Os títulos actuais, de non correxirse esto, ademáis non terían validez. É dicir, non temos atribucións profesionais porque se está incumplindo a Lei 12/1986, os novos títulos de grao e máster non teñen competencias por mor do incumpremento da anterior Lei e porque ademáis actualmente se lle negan, pero sen embargo haberá outras titulacións (non as da área de enxeñarías en informática) que poderán exercer o que ata agora era a nosa profesión. Corremos o perigo, a día de hoxe, de ser expulsados da nosa propia profesión.
  • En palabras de membros do Goberno non é bó unha excesiva regulación da actividade profesional das enxeñarías en informática para a economía, e por eso o proceso ten que facerse en global. Pero como voltamos a repetir mentras tanto se lle están dando a outras titulacións universitarias nas súas fichas compentencias propias das enxeñarías en informática, mentras a nós estannos a negalas.
  • A creación do Consello Xeral Estatal de Colexios Profesionais de Enxeñaría Técnica -CONCITI- (esta creación debía ser automática según a Lei de Colexios Profesionais cando se creasen dous ou máis colexios de ámbito autonómico e estes solicitasen a súa creación, solictude que se fixo fai cerca de 20 meses) está paralizada. Diversas preguntas planteadas no Congreso sobre os motivos da non creación -que implicarían necesariamente dotar de atribucións profesionais ó noso colectivo- esgotaron o prazo que se lle marcaba ó Goberno para a súa contestación.
  • Por tanto e se o proceso é global debe ser global para todos. Se se aplican uns criterios deben de aplicarse a todos. Non se está a pelear contra outras titulacións ou profesionais, se non contra o trato discriminatorio que se nos está a dar e o desprecio con que se está a tratar a 200000 estudantes e profesionais. Se existe unha lexislación o primeiro que está obrigado a cumprila é o propio Estado.

Todos estes procesos (as transposicións das directivas europeas, a adaptación ó Espacio Europeo de Educación Superior, as novas leis de reforma) que non son necesariamente malos, incluso son precisos para mellorar o control dos servizos profesionais e contribuir á competitividade económica do país, nembargantes na forma na que se están a desenvolver están supoñendo unha grave discriminación das enxeñarías en informática. Repetimos que o proceso non se está a desenvolver cos mesmos criterios para todas as titulacións e enxeñarías. E as que máis están a sufrir este proceso son as enxeñarías en informática e en particular as enxeñarías técnicas. Por este motivo consideramos que é necesario que o maior número de estudantes e titulados coñezan esta grave situación. Pedímosvos a vosa colaboración para difundir da forma máis ampla posible estes graves feitos entre o noso colectivo. Pedimos igualdade e respeto á nosa profesión. O Colexio emitirá nos próximos días un comunicado oficial sobre esta situación.

Diversas ligazóns a vídeos e novas sobre a problemática

Se desexas coñecer con máis profundidade o que é e en que consiste o EEES e as diferencias entre competencias -coñecementos e capacidades adquiridos co título e por tanto a incorporar nas fichas técnicos dos títulos- e atribucións profesionais -capacidad ligada ó exercicio dunha profesión- podes visitar as seguintes páxinas http://eees.universia.es Se queres coñecer o que se debatiu na Comisión de Ciencia e Innovación sobre a PNL relativa ás competencias das enxeñarías en informática podes consultar os seguintes vídeos e documentos:

Noticias relacionadas co rexeitamento e co descontento:

  • Noticia publicada en «El Mundo» (05/11/2008)
  • Noticia publicada en «El Mundo» (06/11/2008)
  • Noticia publicada en La Voz de Galicia
  • Noticia publicada en 20 minutos
  • Noticias na web do Colexio de Enxeñeiros en Informática de Andalucía
  • Outra documentación: